InicioSUCESOSBuscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

Fontes municipais indican que foi un incendio "algo complicado e perigoso" pola proximidade ás vivendas, aínda que non houbo desaloxo de ningunha

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao cemiterio de Boisaca na mañá do martes, despois de que recibisen unha denuncia por estes feitos. O lume foi declarado ás 11.57 horas na rúa das Mulas, no barrio de Meixonfrío, onde está situada unha das entradas ao cementario. A Consellería do Medio Rural desprazou a un axente, dúas brigadas e unha motobomba, á vez que tamén se mobilizaron os Bombeiros de Santiago, que informan de que xa está controlado.

Fontes municipais indican que foi un incendio “algo complicado e perigoso” pola proximidade ás vivendas, aínda que non houbo desaloxo de ningunha. Os efectivos de extinción continúan, durante as primeiras horas da tarde, refrescando a zona. Ata alí acudiron de igual forma voluntarios de Protección Civil e a Policía Local, que recibiu a denuncia dun posible sospeitoso de provocar un incendio e está ao buscar.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

Un incendio nun garaxe de Lavacolla deixa unha persoa ferida con queimaduras e evacuada en helicóptero

Unha persoa resultou ferida con queimaduras este martes tras declararse un incendio no garaxe...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...