InicioCULTURACompostela loa cada 10 de maio o ‘Grândola, Vila Morena’ de José...

Compostela loa cada 10 de maio o ‘Grândola, Vila Morena’ de José Afonso

A importancia desta data reside en que o Grândola foi presentado en público en Galicia por primeira vez no 1972, dous anos antes da Revolución dos Caraveis

Publicado o

Por Claudia Varela Lourido

A primeira vez que se escoitou nas rúas o Grândola, Vila Morena, himno revolucionario que puxo fin á ditadura de Oliveira Salazar en Portugal, foi o 10 de maio de 1972. E non foi no país luso, senón no Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela. 

O Grândola foi prohibido pola ditadura portuguesa, polo que non puido ser interpretado en Portugal. Durante o tempo que non puido ser posto en escena en Portugal, José Afonso recibiu unha invitación do cantautor e sindicalista Benedicto García Vilar, fundador de Voces Ceibes —un colectivo musical galego que sempre reivindicou a identidade galega— para interpretar o Grândola no país irmán.

Mural de Zeca Afonso e Benedicto no Burgo das Nacións – AJA Galiza

A importancia desta data reside en que a peza do ‘Zeca’ foi presentada en público en Galicia por primeira vez no ano 1972, dous anos antes de que se producira a Revolución dos Caraveis en Portugal. Ademais, a relación de José Afonso con Galicia foi sempre moi estreita. Actuou varias veces no territorio e mantivo vínculos con intelectuais e músicos galegos. A súa música circulou amplamente nos ambientes da Nova Canción Galega e sempre potenciou os movementos culturais comprometidos.

HISTORIA DO GRÂNDOLA

Esta canción foi composta por José Afonso a finais dos anos 70 e está inspirada na vila alentejana de Grândola. José Afonso, alcumiado o ‘Zeca’ visitara Grândola para actuar nunha sociedade musical chamada Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. Nesta vila sentiu un ambiente moi profundo de solidariedade, loita e igualdade. O ‘Zeca’, conmovido pola fraternidade obreira que se palpaba na vila alentejana, decidiu compoñer a canción que hoxe é un himno contra o fascismo.

A letra e o ritmo da peza teñen influencias do cante alentejano, un canto tradicional coral do sur de Portugal, marcado por voces graves e repeticións lentas. A nivel musical, o Grândola é unha canción moi distinta doutras cancións de protesta. A repetición e a sobriedade que a caracterizan posiciónana como un emblema da loita popular, sempre vencellada á música.

A canción apareceu no álbum Cantigas do Maio en 1971. Pouco despois foi prohibida pola ditadura do Estado Novo portugués, porque José Afonso estaba asociado á oposición antifascista. Foi na madrugada do 25 de abril de 1974, cando o Grândola, Vila Morena foi emitido pola emisora Rádio Renascença como sinal secreta para iniciar a Revolución dos Caraveis. A partir dese momento converteuse no himno simbólico da revolución portuguesa e da loita pola democracia.

O Grândola fai unha homenaxe á forza do pobo a través dun dos seus versos máis entoados: “o povo é quem mais ordena”.  Empregando a música, o movemento popular foi quen de organizarse para poñerlle punto e final a unha ditadura que restrinxiu liberdades e condicionou o devir da nación portuguesa.

Entre Galicia e Portugal existe unha gran conexión emocional e identitaria. O contido da canción do ‘Zeca’ foi asumido en Galicia como unha defensa da democracia, da dignidade do pobo e da cultura popular. Por iso segue a cantarse en actos memorialísticos, manifestacións, homenaxes e concertos. E por iso, cada 10 de maio, Santiago de Compostela lembra a primeira actuación de José Afonso no Burgo das Nacións. O Grândola non é simplemente unha canción portuguesa. Hoxe, é tamén unha peza da memoria democrática galega.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

WOS Festival completa a súa novena edición con 26 proxectos repartidos por nove espazos de Santiago

O WOS Festival x SON Estrella Galicia pechou a programación principal da súa novena...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here