InicioCULTURATanxugueiras estrean na Praza do Obradoiro unha escoita colectiva e efémera para...

Tanxugueiras estrean na Praza do Obradoiro unha escoita colectiva e efémera para abrir as festas da Ascensión

O grupo presentará en Santiago unha experiencia inmersiva arredor de ‘O Cuarto’, concebida como unha acción artística e sonora única, afastada do formato de concerto tradicional

Publicado o

Xornal de Compostela

As festas da Ascensión 2026 arrincarán o vindeiro martes 12 de maio en Santiago cunha proposta singular ideada por Tanxugueiras, que converterán a Praza do Obradoiro nun espazo de escoita colectiva, creación visual e experiencia inmersiva para presentar por primeira vez ao público o universo sonoro do seu novo disco, O Cuarto.

A cita, prevista para as 20:00, non responderá ao formato habitual dun concerto, senón que se formula como unha acción experiencial e efémera deseñada especificamente para este escenario. O corazón monumental de Compostela será así o lugar elixido para unha conta atrás pública cara á publicación do novo traballo discográfico do grupo, nun evento que mesturará música contemporánea, identidade galega e intervención artística.

A proposta busca transformar o centro histórico de Santiago nun punto de encontro arredor da música galega a través dunha experiencia colectiva pensada para a escoita e a conexión co novo proxecto artístico de Tanxugueiras. Fronte á Catedral instalarase unha creación visual exclusiva para esta presentación, concibida unicamente para esta data e este espazo.

A instalación terá carácter irrepetible, xa que non se integrará na futura xira nin noutras presentacións posteriores de O Cuarto, o que converte a convocatoria nunha ocasión única vinculada especificamente ao inicio das celebracións compostelás.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

Cineuropa inaugura este venres a súa 40ª edición en Santiago con máis de 150 películas e 17 días de programación

O festival Cineuropa inicia este venres, 6 de novembro, a súa 40ª edición en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here