InicioCULTURALucía Freitas recibe o premio de Impacto Social nun acto que recoñece...

Lucía Freitas recibe o premio de Impacto Social nun acto que recoñece o liderado feminino no ámbito empresarial

A chef compostelá foi distinguida polo seu traballo á fronte de A Tafona e Amas da Terra, nunha gala que tamén premiou outras catro traxectorias profesionais

Publicado o

Xornal de Compostela

A chef compostelá Lucía Freitas, responsable do restaurante A Tafona e impulsora do proxecto Amas da Terra, foi recoñecida co premio na categoría de Impacto Social nun acto centrado na visibilización do liderado feminino no ámbito empresarial.

O galardón distinguiu a súa traxectoria profesional e a súa implicación en iniciativas que combinan gastronomía, territorio e compromiso social. Durante a entrega, púxose en valor o carácter dinámico da premiada e a súa participación en diferentes proxectos de interese, que contribúen a proxectar o nome de Santiago de Compostela máis alá do ámbito local.

No transcurso da cerimonia tamén se recoñeceu o labor doutras catro mulleres en diferentes categorías. O premio de Emprendemento recaeu en Mercedes Toscano, CEO de Minimelis; mentres que Olalla Cuiña, presidenta de Inasus e Metaldeza, foi distinguida pola súa Traxectoria Profesional.

Así mesmo, Virginia Pozo, CEO da firma Coosy, recibiu o recoñecemento como Empresaria do Ano, mentres que Luz Pardo, CEO de Cafés Lúa e Gestán, foi distinguida cunha Mención de Honra.

Durante o acto, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, felicitou ao conxunto das premiadas polo seu traballo e polo seu enxeño, e destacou a importancia de “crer no que facedes” e de “contribuír a que cada vez máis o mundo empresarial se escriba en feminino”.

A entrega destes premios serviu como recoñecemento ao papel das mulleres no tecido económico e empresarial e como escaparate de proxectos impulsados desde Galicia con impacto social, económico e cultural.

ÚLTIMAS

O PSdeG denuncia a falta de operatividade do helicóptero de emerxencias con base en Santiago

O deputado no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor...

O PP de Santiago reclama actuacións urxentes nas ribeiras dos ríos ante o risco de asolagamentos

O grupo municipal do Partido Popular de Santiago advertiu este martes do estado de...

O Concello de Santiago e Coregal duplican en cinco anos a recollida porta a porta de cartón comercial

A colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a empresa de economía...

As candidatas á reitoría da USC debaten co estudantado sobre participación, docencia, lingua e vivenda

A Facultade de Ciencias Políticas da USC acolleu na tarde deste xoves un debate...

O CGAC inaugura a súa programación de 2026 coa exposición ‘Internalities’, chegada da Bienal de Arquitectura de Venecia

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abriu a súa programación expositiva de 2026...

Compostela celebrará o legado de Rosalía de Castro cunha vintena de actividades na oitava edición do seu festival

Compostela acollerá os días 21 e 22 de febreiro a oitava edición do festival...

O Concello presenta a programación do Entroido con desfile do Meco, pregón coral e actividades nos barrios

O Concello de Santiago deu a coñecer este xoves a programación do Entroido na cidade,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here