InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello de Santiago e Coregal duplican en cinco anos a recollida...

O Concello de Santiago e Coregal duplican en cinco anos a recollida porta a porta de cartón comercial

O servizo de recollida selectiva supera as 600 toneladas anuais e alcanza preto de 500 establecementos adheridos tras unha campaña intensiva de sensibilización no comercio local

Publicado o

Xornal de Compostela

A colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a empresa de economía social Coregal consolidouse nos últimos anos como unha das principais ferramentas para mellorar a recollida selectiva de cartón comercial na cidade. Os datos rexistrados desde 2021 reflicten un crecemento continuado do servizo porta a porta, que pasou de 246,31 toneladasrecollidas aquel ano a 606,52 toneladas en 2025, máis do dobre de material xestionado, cun incremento acumulado do 146%.

Esta evolución sostida está vinculada a unha maior implicación do tecido empresarial e comercial de Santiago, así como a un proceso progresivo de concienciación sobre a correcta separación dos residuos e os beneficios ambientais da reciclaxe. Segundo trasladan as entidades implicadas, as campañas de información e acompañamento desenvolvidas tiveron un papel determinante na mellora dos hábitos de xestión do cartón, especialmente no ámbito do pequeno comercio e da hostalaría.

O incremento das cantidades recollidas veu acompañado tamén dun aumento significativo no número de establecementos adheridos ao servizo. Se no ano 2021 eran arredor dun cento os locais que utilizaban a recollida porta a porta, na actualidade a cifra achégase aos 500 establecementos. Só no último ano formalizáronse preto de 200 novas adhesións, como resultado directo das accións de sensibilización impulsadas polo Concello e Coregal.

Estas actuacións incluíron arredor de 1.000 visitas informativas realizadas durante os meses de novembro e decembro, dirixidas a comercios, negocios de hostalaría e servizos. A campaña desenvolveuse entre o 11 de novembro e o 9 de decembro e percorreu medio cento de rúas das principais zonas comerciais da cidade, como o Ensanche, a Cidade Histórica, San Lázaro–Avenida de Lugo e o ámbito de Santa Marta–A Choupana.

Ao longo destes anos tamén se ampliaron as áreas nas que se presta o servizo porta a porta, coa incorporación de novas rúas tanto na zona norte como na sur de Santiago, o que permitiu aumentar a cobertura e facilitar o acceso ao sistema de recollida selectiva a un maior número de establecementos.

Un dos obxectivos centrais da campaña foi reforzar a importancia de dobrar e separar correctamente o cartón antes da súa retirada, evitando o depósito de caixas sen pregar na vía pública. Esta práctica contribúe non só a optimizar o funcionamento do servizo, senón tamén a reducir o impacto visual nos espazos urbanos.

Desde o Concello de Santiago e Coregal valórase de maneira positiva a resposta do sector comercial, ao considerar que a combinación de información directa, proximidade e acompañamento continuado resulta clave para avanzar cara a un modelo de xestión de residuos máis eficiente, sustentable e aliñado cos principios da economía circular na capital galega.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here