InicioCULTURAO CGAC inaugura a súa programación de 2026 coa exposición 'Internalities', chegada...

O CGAC inaugura a súa programación de 2026 coa exposición ‘Internalities’, chegada da Bienal de Arquitectura de Venecia

A mostra, que representou a España na 19ª Bienal de Arquitectura de Venecia 2025, poderá visitarse en Santiago ata o 3 de maio e reflexiona sobre o equilibrio territorial e o impacto ambiental da construción

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abriu a súa programación expositiva de 2026 coa inauguración de ‘Internalities. Arquitecturas para un equilibrio territorial‘, un proxecto que chega a Galicia tras representar a España na Bienal de Arquitectura de Venecia. A mostra poderá visitarse ata o 3 de maio nas instalacións do museo.

A exposición, impulsada polo Goberno central en colaboración con Acción Cultural Española, estrutúrase en dúas áreas diferenciadas. A primeira delas, baixo o título ‘Balance’, reúne 16 obras construídas vinculadas á arquitectura, o paisaxismo e o espazo público, que propoñen diferentes aproximacións á relación entre territorio, deseño e contexto social.

O segundo ámbito da mostra céntrase na investigación e aborda cinco eixos considerados clave para a redución das emisións no sector da construción: materiais, oficios, enerxías, residuos e emisións. Cada un destes campos analízase desde a perspectiva de cinco xeografías distintas da península ibérica e está coordinado por equipos de arquitectos e investigadores especializados tanto nas temáticas como nos territorios estudados.

Ao acto de inauguración, celebrado este venres no CGAC, asistiu o conselleiro de Cultura, José López Campos, quen salientou a capacidade da exposición para “mirar aos desafíos aos que deben responder as novas xeracións de arquitectos que se mostran sensibilizados coa realidade ambiental”.

Durante a súa intervención, o conselleiro agradeceu e felicitou aos comisarios da mostra, os arquitectos galegos Manuel Bouzas e Roi Salgueiro, por concibir un “espazo de encontro” entre profesionais e público que favorece o intercambio de ideas e o diálogo arredor dos retos contemporáneos da arquitectura, co obxectivo de “seguir avanzando social e culturalmente”.

López Campos tamén fixo referencia ao recoñecemento recente do CGAC por parte do Observatorio da Cultura, que distinguiu o centro como “insignia da cultura galega”, unha valoración que cualificou como unha “honra” para a institución e para o conxunto do sector cultural galego.

ÚLTIMAS

O Concello defende que baixa o número de animais en Bando e xustifica a suspensión da selección da dirección por unha dúbida legal

O Concello de Santiago respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación do...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...