InicioCULTURA(AXENDA) As mellores propostas navideñas de festas, música, teatro e máis para...

(AXENDA) As mellores propostas navideñas de festas, música, teatro e máis para gozar esta fin de semana

Santiago vístese de Nadal: un percorrido polas actividades para tódolos gustos que non podes perder!

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

FESTAS E EVENTOS

Festa do Apego: O sábado 21 de decembro, o Auditorio de Galicia acollerá a oitava edición da Festa do Apego, unha xornada de actividades culturais e educativas para nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias. A programación, que decorrerá de 12:00 a 20:00 horas, inclúe xogos, obradoiros, visitas guiadas, contacontos, teatro e música, co obxectivo de promover a socialización e a transmisión do galego na primeira infancia. Entre as propostas destacan espectáculos como A nena e o grilo camiño das cores, sesións de contacontos e a Orquestra de Malabares. A entrada é libre ata completar a capacidade en cada actividade.

Cartaz Festa do Apego – Concello de Santiago de Compostela.

 

MÚSICA 

Lusardi e Jaco: O venres 20 de decembro ás 19:30 horas, Marcelo Lusardi e Jaco ofrecerán un concerto na carpa instalada na Praza Roxa. Lusardi, cun estilo acústico influenciado polo folk, blues e americana, presentará temas cheos de emocións que reflicten a súa experiencia vital. Jaco, acompañado por Órbita Neutra, interpretará as cancións do seu EP Songs About Machines, creando paisaxes sonoras que exploran temas como a dúbida e a loita contra a idea da máquina. O evento é para todos os públicos e a entrada será libre ata completar a capacidade.

Arquivo – Praza Roxa – Xornal de Compostela

INFANTIL 

Circo de Pinocho: Do venres 20 de decembro ao sábado 4 de xaneiro, o Parque das Cancelas acolle o espectáculo ‘Circo de Pinocho’, unha proposta de Educateatro Produccions que combina números clásicos de circo co teatro musical. As funcións celebraranse en sesións de mañá e tarde, dependendo do día. As entradas teñen un prezo desde 11 euros, con descontos especiais: o venres 20 custarán 10 euros (+gastos) e os luns 23 e 30 haberá un desconto de 3 euros na sesión das 17.00 horas. O evento está dirixido a todos os públicos e as entradas poden adquirirse xa através de Ataquilla.com.

Cartaz Circo de Nadal, Pinocho – circodepinocho.gal

TEATRO

Esfínter 4: O domingo 22 de decembro, o Auditorio Abanca acollerá dúas funcións do espectáculo ‘Esfínter 4’, ás 19:00 e ás 21:30 horas. Esta comedia, protagonizada por Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor, ofrece 90 minutos de humor en galego, sendo unha das propostas máis esperadas destas datas. As entradas están dispoñibles desde 17,80 euros en Ataquilla.com. 

Esfínter, con Rober Bodegas, Javier Veiga e David Amor – Ataquilla.com

DEPORTE

Carreira de Papá Noel: O domingo 22 de decembro celebrarase a Carreira de Papá Noel, con saída ás 11:00 horas no Centro Comercial Cancelas e meta na Praza do Obradoiro. O evento contará con dúas modalidades, Papá Noel e Elfo, e permitirá a participación individual ou en familia nun percorrido de 4 quilómetros. A organización corre a cargo de NOKAO en colaboración co Centro Comercial Cancelas, OCA Hotels e o Concello de Santiago. O prezo de inscrición varía segundo a data de rexistro e o formato elixido para a participación. Está aberto a participantes de todas as idades.

Cartaz da Carreira Pap
a Noel – carrerapapanoelsantiago.es

ÚLTIMAS

O reitor da USC, ante o respaldo de Formoso a Medicina na Coruña, recoñece que o debate necesita de “matices”

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, asegurou que non se pode...

A USC recorre a decisión da Xunta de non impartir o Máster de Matemáticas o curso que vén

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recorreu ante a Secretaría Xeral de Universidades...

Carlos Núñez actuará no Pico Sacro o 30 de xullo como parte dunha campaña estival de promoción turística en Boqueixón

O Concello de Boqueixón anunciou este martes unha programación especial para o verán de...

Santiago celebra máis de 600 cacharelas e sardiñadas na noite de San Xoán

A noite máis curta do ano en Santiago de Compostela volveu encherse de lume,...

O WOS Festival confirma os primeiros 14 artistas da súa oitava edición e activa a venda anticipada de abonos

O WOS Festival x SON Estrella Galicia presentou este luns os primeiros 14 nomes...

A veciñanza de Galeras celebra o San Xoán cun debate sobre o río Sarela e recollida de herbas

A Asociación de Veciños Plataforma de Galeras celebrará o San Xoán o vindeiro luns...

Boyanka Kostova, Lua de Santana e 9Louro actúan este sábado en Santiago no Festival Acento

O Festival Acento volve este sábado 21 de xuño á terraza da sede da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here