InicioOPINIÓNDunha cidade anémica, da capital cultural do país e dunha alcaldesa a...

OPINIÓN

Dunha cidade anémica, da capital cultural do país e dunha alcaldesa a velas vir

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Santiago de Compostela non é unha cidade a secas. É a capital de Galicia e o referente do noroeste da Península. O lugar que atesoura as principais institucións do país, desde as políticas, até as culturais, pasando polas educativas. Porén, a pesar de todas as potencialidades que podería ofrecer —o único requisito é un goberno á altura e ambicioso o que, polo visto, é demasiado pedir—, o bipartito BNG-CA insiste en manter a situación de anemia cultural, cunha programación impropia e cunha organización claramente errática. Mostra evidente é a oferta polo Día das Letras Galegas, anunciada na propia semana (planificar, para que?) e cunhas propostas claramente escasas.

A realidade é que o goberno de Goretti Sanmartín, quen desde a oposición censuraba a inacción de Bugallo, hoxe é unha fiel discípula do exalcalde socialista. Aquela que outrora berraba que Santiago tiña fame de cultura, hoxe é quen ten a dieta a cidade. Non é nin por falta de recursos públicos, nin por falta de asesores a contratar —fáltalles contratar un asesor que asesore o asesor que asesora o asesor—, nin pola ausencia dunha concelleira delegada, Míriam Louzao, que cobra unha remuneración substancial para poñer en marcha medidas que devolvan a Santiago á capitalidade cultural do país, non por estar esperando a que o traballo lle veña feito doutros lados.

É evidente que a tarefa de posicionar de volta a Compostela como o máximo referente é un traballo que implica dedicación e afán, características das que o goberno de Goretti Sanmartín carece, mais a nosa cidade non pode perder máis os trens, que seguen a pasar por diante dos ollos dos picheleiros de nacemento e adopción sen facer parada. É imprescindible que se traballe para artellar unha oferta á altura, pois hai tecido, hai público e hai infraestruturas. Non é de recibo que a negativa a tecer pontes coa Cidade da Cultura ou a establecer colaboracións co sector empresarial —ben por unha simple cuestión ideolóxica, ben por incapacidade, e non sei cal das opcións é peor— frustre o futuro cultural de Santiago. Tampouco é lóxica a incompetencia ou a falta de xestión para atraer cara á nosa cidade grandes producións de talle estatal e internacional, que, combinadas coa magnífica produción galega, permita dotar a capital galega dunhas propostas á altura en materia de artes escénicas, musical etc.

Até o de agora, o (des)goberno de Sanmartín, que leva a velas vir desde que foi nomeada alcaldesa hai case un ano, estivo instalado na inoperancia, a pesar de aumentar o gasto público para “gobernar” e de chegar á alcaldía a lombos das críticas contra a inacción do anterior alcalde. É a hora de que BNG e CA se tomen as súas responsabilidades en serio e aposten de verdade pola cidade. E, se non saben ou non queren, a porta de saída sempre está aberta. A cidadanía non ten que pagalas porque o goberno menos votado non saiba xestionar.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here