InicioPOLÍTICAO Partido Popular critica a insistencia do BNG en prohibir o himno...

O Partido Popular critica a insistencia do BNG en prohibir o himno de España no Día do Padrón

A edil Olaya Otero asegura que o BNG “o único que busca é dividir”

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular local, Olaya Otero, lamentou hoxe a insistencia do BNG en prohibir o Himno de España no día de Padrón en Santiago, un acto no que sempre soou ata a chegada dos nacionalistas.

Para a concelleira este feito é un síntoma máis de que o BNG o único que busca con esta prohibición é a división, posto que prohibir o himno é un desprezo á maioría dos composteláns.

Otero asegura que hai “dúas maneiras de gobernar, por un lado está a de Borja Verea, que busca o consenso e asiste a todos os actos da cidade, incluído o Alba de Compostala que, recordemos, foi creado polo BNG. E por outro lado temos as formas de Sanmartín e os nacionalistas, que gobernan só para uns poucos, os seus, e fallan ao respecto a maioría dos composteláns faltando ao acto máis importante da cidade como é a Ofrenda ao Apóstolo na Catedral ou prohibindo, como sucedeu hoxe, que se toque o Himno de España no día de Padrón en Santiago”.

Así, destacou a edil, “estamos ante un exemplo máis do sectarismo do BNG, que antepón a súa ideoloxía aos intereses dos nosos veciños”. Nese senso, sinalou que “o goberno máis minoritario da historia de Santiago ten que gobernar para todos os composteláns e sobre todo respectar a vontade democrática da corporación municipal, posto que,con esta nova prohibición do Himno de España, están rachando co acordo que se tomou en Pleno en 2023 de que si soase o himno neste acto, tras a mesma polémica do ano pasado”.

ÚLTIMAS

A Cidade da Cultura acollerá en outubro unha das maiores exposicións internacionais sobre tatuaxe

A Xunta e o Musée du Quai Branly-Jacques Chirac (Francia) asinaron un acordo para exhibir en outubro na Cidade...

As ofertas para realizar as obras do novo colexio do Milladoiro poden presentarse ata o 8 de outubro

As empresas interesadas na execución das obras do novo colexio do Milladoiro, en Ames,...

Máis de 400 representantes dos Entroidos galegos desfilan por Santiago para promover a desestacionalización

Máis de 400 persoas participaron este sábado no desfile de 'entroidos' tradicionais que cada...

Mañá saen á venda as entradas para o concerto de Muchachito Bombo Inferno

Este outono regresa a Galicia o ciclo de concertos Momentos Alhambra Acustiquísimos, que celebrará...

O PP denuncia a falta de desbroce en Santiago e acusa ao Bloque de “falta de criterio”

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, acusou ao BNG de falta...

O Concello de Santiago e a Deputación asinan o convenio para financiar as actividades do Auditorio de Galicia

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín...

Goretti Sanmartín critica a Borja Verea por culpar ao Concello da subida do canon de Sogama

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, respondeu este mércores ás críticas lanzadas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here