InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago e a Deputación asinan o convenio para financiar...

O Concello de Santiago e a Deputación asinan o convenio para financiar as actividades do Auditorio de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron o convenio para financiar as actividades do Auditorio de Galicia durante 2024. Así o fixeron na mañá deste venres onde tamén asinaron o acordo para acondicionar a antiga escola de Villestro como Centro de Interpretación de Arte Rupestre.

A rexedora compostelá agradeceu estas dúas colaboracións que, segundo apuntou Formoso, suman un investimento de 425.000 euros para potenciar a oferta cultural e patrimonial de Santiago.

Neste sentido, a Deputación farase cargo de financiar o 80% das actividades do Auditorio de Galicia e achegará 225.000 euros, o 100% do orzamento, ao acondicionamento do local de Villestro.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

Borja Verea promete licenzas empresariais nun máximo dun mes e unha oficina única se chega á Alcaldía de Santiago

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a establecer un prazo...

Mercedes Rosón esixe explicacións ao Goberno de Santiago pola cancelación dos voos de Fly2Galicia dende Lavacolla

A cancelación dos voos comercializados por Fly2Galicia dende o aeroporto de Santiago, cuxo inicio...