InicioCULTURAA Cidade da Cultura acollerá en outubro unha das maiores exposicións internacionais...

A Cidade da Cultura acollerá en outubro unha das maiores exposicións internacionais sobre tatuaxe

Trátase dunha proposta imprescindible para comprender a pulsión que leva ao ser humano a marcar con tinta o seu corpo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta e o Musée du Quai Branly-Jacques Chirac (Francia) asinaron un acordo para exhibir en outubro na Cidade da Cultura unha das maiores exposicións internacionais sobre tatuaxe. Co título ‘Tattoo. Arte baixo a pel’, a mostra explora a historia e simboloxía cultural, social, estética e relixiosa desta práctica e tenta explicar as razóns de que as tatuaxes estean presentes en todas as épocas históricas e zonas xeográficas do mundo.

Segundo informou a Xunta, a proposta, producida polo que é un dos museos franceses máis relevantes, inaugurarase no Museo Gaiás o 24 de outubro e permanecerá aberta ata o 20 de abril. Tras ser exhibida en Francia, Canadá, Estados Unidos, Taiwan e Rusia, chega a Galicia coa colaboración da Fundación ‘La Caixa’, convertida nunha das exposicións sobre tatuaxe máis completas e atractivas desenvolvidas ata o momento, unha proposta imprescindible para comprender a pulsión que leva ao ser humano a marcar con tinta o seu corpo.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...