InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín critica a Borja Verea por culpar ao Concello da subida...

Goretti Sanmartín critica a Borja Verea por culpar ao Concello da subida do canon de Sogama

A rexedora compostelá cualifica de "desprezo á intelixencia" as acusacións do líder do PP local sobre a responsabilidade da alcaldesa nesta cuestión

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, respondeu este mércores ás críticas lanzadas polo líder do PP compostelán, Borja Verea, quen responsabilizou á rexedora da subida do canon de Sogama polo seu apoio ao goberno de Pedro Sánchez. Sanmartín afirmou que Verea “perdeu a súa credibilidade hai tempo” e cualificou as súas declaracións como un intento de “atacar por atacar” sen base sólida.

Ante as preguntas dos medios, Sanmartín destacou que este tipo de acusacións carecen de argumentación real e representan un intento de “manipular a realidade”. Afirmou que o canon de Sogama está “cedido, xestionado e solicitado pola Xunta”, e que se basea nun modelo que as directivas europeas penalizan por estar “obsoleto”. Ademais, considerou que culpar á alcaldesa desta cuestión é unha perda de credibilidade por parte do líder popular.

Verea, nunhas declaracións anteriores, asegurara que tanto a rexedora como o BNG eran responsables da subida por apoiar ao goberno central. Sanmartín respondeu a esta acusación dicindo que “convertir isto nunha responsabilidade da alcaldesa de Santiago é un desprezo á intelixencia dos veciños” e reafirmou que non vale a pena responder a quen “manipula e tergiversa a realidade”.

Contratación dun asesor municipal

Ademais, Borja Verea acusou ao goberno local de “escurantismo” na contratación dun novo asesor municipal. Sanmartín replicou que o líder do PP ofrece “cifras que non se corresponden coa realidade” e reiterou que estas críticas forman parte dunha estratexia que busca desprestixiar sen fundamento.

RESPOSTA Á SUBIDA DO CANON

Con respecto á subida do canon de Sogama, Sanmartín destacou que o Concello de Santiago quere ser un dos que “de exemplo” na contestación a esta medida. A rexedora subliñou a súa intención de acordar unha declaración institucional coas demais forzas políticas para rexeitar o modelo que a Xunta impón, que considera “inxusto e desproporcionado”. Se non se logra un acordo por unanimidade, asegurou que buscará unha “moción maioritaria” para expresar a oposición do concello a esta situación.

Sanmartín rematou sinalando que “a maior parte da xente á fronte das alcaldías recoñece que esta situación é inxusta”, polo que espera contar co apoio necesario para facer fronte á decisión da Xunta.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

O PP cifra en máis de 250 os asistentes á súa III Romaría e Verea chama a intensificar o traballo para as municipais

O PP de Santiago celebrou este sábado a súa III Romaría Popular, unha cita...