InicioSANTIAGOAMESAs ofertas para realizar as obras do novo colexio do Milladoiro poden...

As ofertas para realizar as obras do novo colexio do Milladoiro poden presentarse ata o 8 de outubro

O obxectivo é que o novo centro estea operativo no vindeiro curso 2026/2027

Publicado o

Xornal de Compostela

As empresas interesadas na execución das obras do novo colexio do Milladoiro, en Ames, poderán presentar as súas ofertas ata o próximo día 8 de outubro. A Xunta licitou por 9.784.127 euros a obra de construción do novo CEIP do Milladoiro, e o obxectivo é que o centro estea operativo no curso 2026/27. As obras teñen un prazo de execución de 18 meses.

Este é o primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e un compromiso da Xunta para responder as necesidades de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia. A actuación, que licita a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas será sufragada con fondos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, co cofinanciamento dos fondos europeos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...