InicioPOLÍTICAA Deputación da Coruña instalará na Praza Roxa unha pantalla xigante para...

A Deputación da Coruña instalará na Praza Roxa unha pantalla xigante para ver a final da Eurocopa

O Concello de Santiago optou, pola súa banda, por non financiar este tipo de instalacións con fondos públicos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Deputación da Coruña anunciou que facilitará a instalación dunha pantalla xigante en Santiago de Compostela para a retransmisión da final da Eurocopa este domingo, onde a Selección Española se enfrontará a Inglaterra. Esta decisión prodúcese despois de que o Concello de Santiago optase por non financiar este tipo de instalacións con fondos públicos, tal e como ocorreu en eventos deportivos anteriores.

Segundo fontes da Deputación, o ofrecemento para instalar pantallas tamén se extendía a outras cidades como A Coruña e Ferrol, aínda que estes concellos xa dispoñían de plans propios para facilitar espazos públicos onde seguir o partido.

Respecto á situación en Santiago, o Concello recibiu unha petición informal da Deputación, á espera de confirmación oficial mediante rexistro, para proceder á instalación da pantalla. O goberno local afirmou que “seguirá os procedementos habituais para outorgar os permisos necesarios para a ocupación do espazo público”, asegurando así a colaboración institucional para o evento.

Por outra banda, varios líderes políticos reaccionaron ás redes sociais a esta decisión do consistorio municipal. O líder dos socialistas, Aitor Bouza, lamentou a decisión da alcaldesa de “privar á veciñanza compostelá de compartir un evento deportivo como é a Eurocopa”.


Por outro lado, dende a oposición, Borja Verea deu as grazas á Deputación da Coruña e a Valentín González Formoso pola instación da pantalla, quen tachou ademais a postura do BNG de “radical e triste”.

“Todos sabiamos que en Santiago hai unha alcaldesa independentista e, polo tanto, non lle gusta a Selección Española, o que non coñeciamos é que podía ser, aínda, máis radical que Bildu, que goberna en Pamplona e si vai poñer pantallas xigantes”, criticou o líder dos populares composteláns.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente en Marrozos é trasladado en helicóptero ao CHUS

Unha persoa resultou ferida nunha colisión entre dous vehículos na estrada DP-8203, ao seu...

O PSdeG reclama máis financiamento para proxectos universitarios

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Abalde, presentou varias iniciativas na...

A Xunta de Galicia financiará a conservación de seis igrexas da arquidiocese compostelá

A Xunta de Galicia destinará preto de 600.000 euros para a conservación de varias...

Cortes de tráfico en varias rúas de Santiago por obras de mantemento durante a próxima semana

Desde o 5 ao 9 de agosto, o Paseo da Amaía en Brandía quedará...

A edil popular María Baleato celebra a colaboración entre administracións para o novo aparcadoiro do Hospital Clínico

A concelleira do PP local, María Baleato, expresou a súa satisfacción pola sinatura do...

O Goberno de Santiago “non renunciará” á compra do edificio de Mazarelos para aluguer social

A portavoz do Goberno municipal de Santiago, Míriam Louzao, asegurou nunha rolda de prensa...

Falece Francisco Puy Muñoz, catedrático da USC e figura clave no Estatuto de Autonomía de Galicia

O catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Puy...