InicioSANTIAGOO Goberno de Santiago "non renunciará" á compra do edificio de Mazarelos...

O Goberno de Santiago “non renunciará” á compra do edificio de Mazarelos para aluguer social

A portavoz do Goberno municipal de Santiago, Míriam Louzao, confirmou este xoves que non abandonarán este proceso e tentarán adquirir o inmoble, a pesar da emenda presentada polos socialistas

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do Goberno municipal de Santiago, Míriam Louzao, asegurou nunha rolda de prensa que “non renunciarán” á compra do edificio na praza de Mazarelos que o consistorio quere destinar a aluguer social, despois de que este mércores BNG e Compostela Aberta aceptasen no pleno municipal unha emenda do PSOE para matizar que a compra sería con carácter xenérico no centro histórico.

Ante as preguntas dos medios de comunicación, a portavoz e concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica confirmou este xoves que non abandonarán este proceso e tentarán adquirir o inmoble, a pesar da emenda presentada polos socialistas.

Ademais, apuntou que este inmoble “debería estar en mans do Concello”, e por iso, reservaron cos remanentes a “cantidade necesaria” para, en caso de ser posible, levar a cabo a compra. En concreto, hai 425.000 euros consignados, unha cantidade que reservaron tras saber que o edificio estaba á venda.

Segundo explicou, o que fixeron foi reservar a cantidade, traballar para conseguir a adquisición, esperar para lograla, e así, pór a disposición da cidadanía vivendas no centro histórico da cidade.

Con todo, subliñou que o Goberno municipal ten uns remanentes “realistas e responsables” e que está a traballar para facer realidade esta posibilidade.

“CONSECUENCIAS POSITIVAS” ORDENANZA VUT

Por outra banda, Louzao mostrouse satisfeita co resultado dalgunhas medidas incluídas na ordenanza das Vivendas de Uso Turístico (VUT) en Santiago.

Nesta liña, apuntou que o Concello “entende que si” que están a dar resultado. Ante as preguntas dos medios, comentou que durante estes días publicáronse datos que indican que “está aumentado” o número de vivendas que se están pondo “a disposición” da cidadanía, tamén para aluguer.

Por tanto, destacou que, aínda que entende que se empezan a notar os efectos, aínda é “pronto” para poder facer valoracións e hai que “darlle un pouco máis de tempo”. Con todo, Míriam Louzao terminou a súa intervención pondo o foco nas medidas que puxeron en marcha para “solucionar” esta cuestión e resaltou que os datos avalan as “consecuencias positivas”.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...