InicioSANTIAGOCortes de tráfico en varias rúas de Santiago por obras de mantemento...

Cortes de tráfico en varias rúas de Santiago por obras de mantemento durante a próxima semana

Os traballos afectarán á circulación e ás liñas de transporte urbano desde o 5 ata o 9 de agosto

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Desde o 5 ao 9 de agosto, o Paseo da Amaía en Brandía quedará pechado á circulación debido a obras de reparación da calzada. Este tramo inclúe a entrada principal da urbanización. Segundo indica o Concello de Santiago, os vehículos deberán entrar pola parte baixa do paseo, convertendo o tramo do paseo da Quinta en dobre sentido para permitir o acceso ás vivendas e ao hotel da zona.

A liña de autobús 8 non poderá acceder á urbanización durante este período. A última parada será antes da rotonda de acceso na AC-543, no entorno da nave Calefon, onde cambiará de sentido cara ao centro urbano. As paradas suprimidas serán a 632, urb. Brandía, e a 633, urb. Brandía 2.

Pola súa banda, unicamente o próximo luns 5 de agosto, a rúa da República do Salvador quedará cortada entre as súas intersección coas rúas Doutor Teixeiro e Xeneral Pardiñas por obras de mantemento dun redutor de velocidade. O corte será de 22:00 a 24:00 horas, desviando o tráfico pola rúa Doutor Teixeiro, praza de Puente Castro e Xeneral Pardiñas.

Durante este tempo, a liña 5 en dirección Rocha desviará o seu percorrido pola rúa do Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, rúa de San Pedro de Mezonzo e Praza Roxa, retomando o itinerario habitual en Frei Rosendo Salvado. A parada 433 en República do Salvador quedará suprimida, sendo alternativas as paradas da Praza de Galicia, a rúa da Rosa e a de Frei Rosendo Salvado.

Por outro lado, este próximo martes 6 de agosto, o carril da praza do Doutor Puente Castro que conecta a rúa do Doutor Teixeiro coa do Xeneral Pardiñas estará pechado por arranxo dunha arqueta. O tráfico de Doutor Teixeiro será desviado cara a República Arxentina e a rúa do Hórreo, excepto para os usuarios do parking da praza. O corte será de 16:00 a 21:00 horas.

Debido a este corte de tráfico, as liñas de transporte urbano 6, 6A con paradas, 13, C5, C11, P3 e P6 terán os seguintes desvíos:

  • Liñas 6, 6A, C5, P3 e P6: Desde Doutor Teixeiro, desviaranse pola rúa do Hórreo (Parlamento), retomando o itinerario habitual no Hórreo despois do cruce con Santiago León de Caracas. As paradas suprimidas serán a 479 en rúa da Rosa e a 591 en Santiago León de Caracas (centro de saúde). A parada alternativa será a 694 na rúa do Hórreo.
  • A liña P6 dende a Galuresa: Accederá á parada da rúa da Rosa subindo por República Arxentina.
  • Liñas 13 e C11: Irán por República do Salvador ata Xeneral Pardiñas, retomando o itinerario na segunda parada desta rúa, no número 7 (cruce con Montero Ríos). A parada suprimida será a 673 en Xeneral Pardiñas nº 35.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Rueda defende que a taxa turística debería solucionar os problemas de afluencia en Santiago

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reafirmou a súa posición respecto á...

O Concello de Ames organiza a XXIII Carreira Pedestre Popular con 10 quilómetros de circuíto homologado

O vindeiro domingo 20 de outubro, Bertamiráns acollerá a XXIII Carreira Pedestre Popular do...

O VI Festival Ateneo Barroco arrinca en Compostela cunha invitación a gozar da cultura

O VI Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco, organizado polo Ateneo de...

Miranza Instituto Gómez-Ulla realizará revisións gratuítas de retina en Santiago

O Miranza Instituto Gómez-Ulla, comprometido coa saúde ocular, lanzará unha campaña de detección precoz...

O IDIS desenvolve un modelo para predicir a resposta á inmunoterapia en pacientes con cancro de pulmón

O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet), pertencente ao Instituto de Investigación Sanitaria de...

Precintadas tres vivendas turísticas sen licenza municipal en Santiago de Compostela

O Concello de Santiago precintou este martes, por primeira vez, tres vivendas de uso...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here