InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta de Galicia financiará a conservación de seis igrexas da arquidiocese...

A Xunta de Galicia financiará a conservación de seis igrexas da arquidiocese compostelá

Os fondos destinaranse a obras en Ames, Santiago, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Teo e Cerceda

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia destinará preto de 600.000 euros para a conservación de varias igrexas e unha colegiata na Arquidiocese de Santiago. Segundo informa o diario El Correo Gallego, estas intervencións buscan garantir o bo estado do patrimonio cultural galego que forma parte desta arquidiocese.

As obras de restauración están previstas na colexiata de Santa María do Campo na Coruña, así como nas igrexas de Bugallido en Ames, Santa Cristina de Fecha en Santiago, Santiago do Deán na Pobra do Caramiñal, Luou en Teo e San Martiño de Rodís en Cerceda. Estas actuacións forman parte dun convenio de colaboración entre o Goberno autonómico e a Arquidiocese compostelá.

A colexiata de Santa María do Campo é o único destes bens declarados Ben de Interese Cultural con categoría de monumento. De orixe románica tardía, destaca pola súa portada principal e o tímpano. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará máis de 63.000 euros á restauración deste edificio.

A maior partida, de 250.000 euros, destinarase á terceira fase da restauración da igrexa de Santiago do Deán na Pobra do Caramiñal, onde se actuará nas bóvedas e tapices interiores. Este edificio é considerado de gran interese polo valor histórico dos seus elementos constructivos e ornamentais, como a escultura do Apóstolo Santiago de estilo románico.

En Cerceda, a nave e o ábside da igrexa de San Martiño de Rodís serán restaurados con case 160.000 euros, que se repartirán entre este ano e o próximo.

En Ames, a intervención centrarase na fachada principal e a torre da igrexa de Bugallido, cunha inversión de 105.000 euros.

En Santiago, a restauración do campanario da igrexa de Santa Cristina de Fecha, danado por un raio en 2022, contará cunha achega de case 45.000 euros.

Finalmente, en Teo, repararanse as humidades da igrexa de Luou cunha inversión de 30.000 euros.

Estas actuacións forman parte do Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia, que ten como obxectivo preservar o patrimonio cultural galego, incluíndo intervencións en catedrais, mosteiros, conventos, abadías, igrexas e outros bens eclesiásticos.

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here