InicioSUCESOSConfirman a condena de dous anos para un fisioterapeuta de Santiago por...

Confirman a condena de dous anos para un fisioterapeuta de Santiago por abuso sexual

O investigado estaba a tratar á denunciante por unha dor de costas e, durante a sesión, na que se atopaban sós, abusou dela

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña na que condenou a dous anos e un mes de cárcere a un fisioterapeuta de Santiago por abusar sexualmente dunha paciente. A Sala tamén ratificou a imposición dunha indemnización de 10.000 euros á vítima.

En outubro de 2020, segundo recolle a sentenza e informa o alto tribunal galego, o investigado estaba a tratar á denunciante por unha dor de costas e, durante a sesión, na que se atopaban sós, abusou dela.

O TSXG determina que a declaración da denunciante é crible, pois narra os feitos de forma clara e precisa, descártanse motivacións espurias, existe unha rotunda persistencia na incriminación e conta con corroboracións periféricas.

Os maxistrados engaden na resolución que “o tratamento prestado polo fisioterapeuta á muller non requiría esa manipulación e isto é recoñecido implicitamente por el, ao negar en todo momento que levase a cabo un tocamento típico”. A sentenza non é firme pois é recurrible ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here