InicioSUCESOSAlfonso Basterra será trasladado ao cárcere de Topas tras 11 anos en...

Alfonso Basterra será trasladado ao cárcere de Topas tras 11 anos en Teixeiro

O condenado polo asasinato de Asunta pediu o cambio de prisión, que foi autorizado por Institucións Penais

Publicado o

Xornal de Compostela

Alfonso Basterra, condenado a 18 anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta Basterra Porto en setembro de 2013 en Santiago de Compostela, será trasladado ao cárcere de Topas, en Salamanca, despois de pasar 11 anos interno no centro penitenciario de Teixeiro, na provincia da Coruña.

O traslado foi solicitado polo propio Basterra e aprobado pola Xunta de Tratamento do penal, así como pola Secretaría Xeral de Institucións Penais, segundo confirmaron fontes consultadas.

Basterra foi condenado pola Audiencia Provincial da Coruña a 18 anos de prisión, a mesma pena que recibiu a nai da menor, Rosario Porto, pola morte da nena de 12 anos, cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do municipio de Teo.

A sentenza foi ratificada posteriormente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e polo Tribunal Supremo, consolidando a condena por asinato con aleivosía.

No caso de Rosario Porto, a súa pena quedou interrompida en novembro de 2020, cando se quitou a vida no cárcere de Brieva (Ávila).

UNHA NOVELA ESCRITA NA CADEA

Nos últimos meses, Alfonso Basterra foi noticia pola publicación da súa primeira novela, titulada Cito, editada por Edicións Vitruvio e dedicada á súa filla Asunta.

Segundo informou a editorial, o libro, escrito desde prisión, conta “unha historia de amor e desamor” ambientada nunha aldea de Castela e León nos anos 40, cunha visión que inclúe elementos máxicos.

A mesma fonte tamén indicou que Basterra continúa traballando nunha segunda parte da historia, afirmando que a literatura lle serve como vía de evasión e axuda no seu día a día.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here