InicioSUCESOSLocalizan un ancián en Negreira que desaparecera do seu fogar

Localizan un ancián en Negreira que desaparecera do seu fogar

Foi ao redor das 11.45 horas deste venres cando se confirmou o achado, momento no que o home foi atopado consciente nunha casa abandonada moi preto do seu domicilio

Publicado o

Xornal de Compostela

Un ancián foi localizado este venres nunha casa abandonada preto do seu domicilio tras desaparecer en Negreira. O Grupo de Apoio Loxístico AXEGA participou, a través da súa Unidade de Operacións con Drones, na procura deste home, que se atopaba consciente e foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago para a súa avaliación.

Segundo informa o 112, a alerta de persoa desaparecida chegou á Central de Emerxencias ás 21.40 horas deste xoves, cando un particular comunicou que un ancián non regresara ao seu domicilio na aldea de Saleiróns, en Portor, tras saír a pasear facía tres horas.

Deste xeito, o Centro Integrado de Resposta a Emerxencias 112 Galicia informou o incidente á Garda Civil, a Policía Local e o GES de Brión, quen mobilizaron a súa unidade canina de rescate. Este venres, a Unidade de Operacións con Drones da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) uniuse ao operativo.

Foi ao redor das 11:45 horas deste venres cando se confirmou o achado, momento no que o home foi atopado consciente nunha casa abandonada moi preto do seu domicilio.

Con todo, foi asistido por persoal médico do Servizo Galego de Emerxencias Sanitarias-061 e trasladado ao hospital.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

Un incendio nun garaxe de Lavacolla deixa unha persoa ferida con queimaduras e evacuada en helicóptero

Unha persoa resultou ferida con queimaduras este martes tras declararse un incendio no garaxe...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here