InicioSANTIAGOAMESBertamiráns celebra a Romaría Urbana e o concerto de Mondra nas festas...

Bertamiráns celebra a Romaría Urbana e o concerto de Mondra nas festas da Peregrina

O parque do Ameneiral acolle esta fin de semana os principais actos do “Ames en Festas 2025”, con música, gastronomía e actividades para todas as idades

Publicado o

Xornal de Compostela

Bertamiráns continúa esta semana co protagonismo dentro do programa “Ames en Festas 2025”, que agrupa as celebracións da Madalena no Milladoiro e da Peregrina en Bertamiráns. Tras a clausura dos festexos no Milladoiro, o foco está agora no parque do Ameneiral, que acollerá dous dos eventos máis sinalados da programación: o concerto de Mondra, este venres 8 de agosto ás 22:00, e a terceira edición da Romaría Urbana, prevista para o sábado 9 de agosto.

O artista Mondra, natural do veciño concello de Teo, traerá a Bertamiráns o seu novo disco De Ronda, un traballo composto por once temas nos que combina elementos actuais co son tradicional galego, creando un estilo moi recoñecible que o consolidou como unha das voces con máis proxección da escena musical galega. A súa actuación no parque do Ameneiral será de acceso libre e espérase unha elevada participación veciñal.

A seguinte cita será o sábado coa Romaría Urbana, unha proposta que busca achegar o espírito das festas populares ao centro urbano, dinamizando tanto o comercio local como a hostalaría. A actividade comezará a partir das 13:30 horas cunha sesión vermú, e contará cunha programación musical continua ao longo da xornada, con actuacións dos grupos Tabernarias (13:00), Arde (14:30), Monoulious Dop (19:30), Luis Fercán (21:00) e Biribirlocke (22:20).

Ademais da música, o evento ofrecerá propostas gastronómicas como empanada e churrasco, obradoiros de xogos para adultos, e inchables e actividades infantís para os máis pequenos. A organización anima á veciñanza a acudir vestida con camisas fuleiras, que marcan o código de vestimenta desta edición, para contribuír ao ambiente festivo da xornada.

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Cultura e Mocidade, continúa así a aposta por un modelo de festa integrador, que conecta ás distintas parroquias do municipio e promove o relevo cultural e artístico da mocidade galega. A programación da Peregrina prolongarase ata o domingo 10 de agosto, poñendo o ramo a unha nova edición das festas conxuntas de “Ames en Festas”, que este ano chegan á súa cuarta edición.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here