InicioSOCIEDADEFabiola García destaca o labor de Agadea no seu 30 aniversario

Fabiola García destaca o labor de Agadea no seu 30 aniversario

A conselleira de Política Social felicita á asociación e ao neurólogo Alfredo Robles durante a gala conmemorativa en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou hoxe na gala conmemorativa polo 30 aniversario de Agadea, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Alzhéimer, o vindeiro 21 de setembro. Durante o evento, que tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a conselleira eloxiou a traxectoria de Agadea e o seu compromiso como ‘un aliado fundamental na atención ás persoas con Alzhéimer en Galicia’. Tamén resaltou a colaboración da Xunta a través do financiamento dos programas da asociación.

No acto, no que tamén estiveron presentes o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, fíxose un recoñecemento ao neurólogo Alfredo Robles, un dos fundadores de Agadea e unha referencia no tratamento desta doenza. A conselleira destacou o seu labor, así como o compromiso dos voluntarios distinguidos e de tres colexios composteláns: Cluny, Monte dos Postes e Divino Maestro.

PREMIO SIMBAD DE LITERATURA INFANTIL

Outro momento salientable da gala foi o anuncio da gañadora do Premio de literatura infantil Simbad, que recaeu en Irene Alonso Gasalla polo seu conto O novelo de Nenuca, obra que achega aos máis cativos a realidade do Alzhéimer, que afecta a máis de 70.000 persoas en Galicia. O premio, dotado con 3000 euros e coa publicación da obra, busca sensibilizar sobre esta doenza a través da literatura infantil e xuvenil.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, subliñou o éxito de participación no certame, destacando a súa importancia na promoción da lingua galega e a súa capacidade de conexión interxeracional. A gala contou tamén coa participación de Isabel Gey, presidenta de Agadea, e dos escritores Francisco Castro e Ánxela Gracián, padriño e secretaria do premio, respectivamente.

O Premio Simbad busca, desde a súa creación, promover a sensibilización sobre o Alzhéimer e doenzas similares, ademais de fomentar a creación literaria en galego.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here