InicioSANTIAGOAMESRonald Rojas pecha as Festas da Peregrina cun pregón dedicado á integración...

Ronald Rojas pecha as Festas da Peregrina cun pregón dedicado á integración da inmigración en Ames

O venezolano afincado en Bertamiráns compartiu a súa experiencia persoal e puxo en valor a acollida da veciñanza

Publicado o

Xornal de Compostela

O peche das Festas da Peregrina en Bertamiráns tivo como protagonista a inmigración, un dos asuntos de maior presenza no municipio. A comisión de festas escolleu para o pregón final a Ronald Rojas, veciño venezolano que leva varios anos residindo en Ames e que relatou, ante a praza chea, as dificultades e logros do seu proceso de integración.

O acto comezou coa intervención do alcalde, Blas García, quen destacou a necesidade de apostar pola integración nunha sociedade diversa e plural e de combater os discursos de odio. A presidenta da comisión, María Gestoso, agradeceu a colaboración de todas as persoas e institucións implicadas e animou a aproveitar o derradeiro día de celebracións.

No seu discurso, Ronald Rojas, que alternou castelán e galego, explicou que chegou en 2019 a Galicia tras deixar Venezuela por mor dunha situación complicada. Recordou que, na súa chegada, contou coa axuda dun amigo galego que lle deu acubillo, e insistiu en que un dos pasos clave para adaptarse é acudir ás institucións locais e abrirse á relación coa comunidade.

O pregoeiro destacou que, malia chegar con necesidades, sempre procurou achegar algo á sociedade que o acolleu, e que os inmigrantes teñen moito que ofrecer en aspectos como a valorización da familia e a alegría nas festas populares. Tamén subliñou a empatía que percibe cara aos venezolanos pola memoria da emigración galega a aquel país, estendendo a súa mensaxe a todas as persoas que chegan a Galicia.

O pregón rematou cunha cita de Rosalía de Castro e cun agradecemento expreso á veciñanza de Bertamiráns, á que declarou o seu afecto: “Gústame a xente, gústame Bertamiráns e gústame Galicia. Amo a Deus e que Él vos bendiga a todos”.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here