InicioSOCIEDADEDenuncian falta de profesorado e persoal de cociña en dous centros da...

Denuncian falta de profesorado e persoal de cociña en dous centros da contorna de Compostela

Trátase do CEP Ventín, en Ames, e da Escola Infantil de Vite

Publicado o

Xornal de Compostela
Anpas e sindicatos seguen denunciando a falta de persoal en centros de ensino e escolas intantiles de Galicia. Así, a ANPA do CEP Ventín, en Ames, expresou a preocupación das familias ante o incumplimento dos acordos acadados recentemente pola Consellería de Educación en relación ás ratios e reducción de horario do profesorado, por parte das familias e docentes.
O centro atópase actualmente con ratios que non respetan o acordo o que, denuncia, “supoñen un grave risco académico para o alumnado do centro, no que estudan mais de 600 alumnos e alumnas de primaria”. Así, critican que hai ratios que nos respetan o acordo mencionado, insuficiencia de persoal docente, aumento de alumando e baixas do profesorado que non se están a cubrir de manera axeitada.
Ante esta situación, a ANPA de Ventín decidiu emprender unha serie de accións para visibilizar o problema e exixir solucións, entre elas, unha mobilización para o venres 20 de setembro, co obxectivo de visibilizar a situación e presionar á administración.
Tamén a CIG denuncia que a Consellería de Política Social evita contratar novo persoal para a cociña da Escola Infantil de Vite, que conta só cunha persoa, a pesar de que o persoal da mesma son tres. “Esta racaneria da conselleira Fabiola non é a mesma cando se trata de nomear de subdirectora a unha prima do seu presidente de Partido, con un coste
que multiplica por 5 o coste de contratar a un axudante de cociña”, denuncia este sindicato en alusión a Eloína Núñez.

ÚLTIMAS

O Concello aproba a Oferta Pública de Emprego para 2025

A Mesa Xeral de Negociación, presidida polo concelleiro de Facenda e Persoal, Manuel César...

Cobre San Rafael, a empresa propietaria da Mina de Touro, volverá ser patrocinadora da SD Compostela durante dous anos máis

A Sociedad Deportiva Compostela (SD Compostela) e a empresa Cobre San Rafael, propietaria da...

Avanza o ‘caso Desproi’; a edil socialista Mila Castro está citada para o 21 de maio

O coñecido como 'caso Desproi' avanza e, despois de que a maxistrada compostelá Ana...

O MitoPhenomics Lab descobre mutacións crípticas mitocondriais ligadas ao envellecemento

O MitoPhenomics Lab, liderado pola investigadora Aurora Gómez Durán do CiMUS da Universidade de...

O Concello aproba a Oferta Pública de Emprego para 2025

A Mesa Xeral de Negociación, presidida polo concelleiro de Facenda e Persoal, Manuel César...

O MitoPhenomics Lab descobre mutacións crípticas mitocondriais ligadas ao envellecemento

O MitoPhenomics Lab, liderado pola investigadora Aurora Gómez Durán do CiMUS da Universidade de...

Un total de 1.400 alumnos correrán pola defensa do galego este xoves en Santiago

Un total de 1.400 alumnos de educación infantil, primaria e secundaria de 17 centros...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here