InicioMOV. SOCIAISUn grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para...

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

O maratón reivindicativo chega ao Obradoiro como antesala da manifestación do 14 de decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que separan Melide de Santiago de Compostela nunha acción reivindicativa coa que quixeron expresar o seu desacordo cos proxectos industriais de Altri en Palas de Rei e coa posible reapertura da mina de Touro-O Pino, promovida por Cobre San Rafael. A iniciativa, deseñada polos propios deportistas, contou co respaldo das plataformas veciñais Ulloa Viva e Mina de Touro-O Pino Non, que levan anos mobilizadas contra ambas propostas.

A carreira partiu ás 07:30 desde Melide e seguiu un tramo do Camiño de Santiago, que os participantes completaron en algo máis de seis horas. Chegaron ao Obradoiro ás 13:30, tras facer unha breve parada de avituallamento no Monte do Gozo. Alí esperábaos un grupo de compañeiros e medios de comunicación que seguían de preto unha acción que pretende sumar forza social fronte a estes proxectos.

Segundo explicou Che Cancelo, voceira da Plataforma Veciñal contra a Mina de Touro-O Pino, a proposta naceu de maneira espontánea entre deportistas que viron na carreira unha fórmula para “visibilizar a necesidade que hai de parar estes proxectos”. Cancelo cualificou Altri e a reapertura da mina como os “perigos ambientais máis importantes” que afronta Galicia na actualidade e subliñou que “a presión social é a única forma de parar estes proxectos”.

A plataforma lembra que a mobilización deste domingo funciona como antesala da manifestación convocada para o 14 de decembro, unha cita que aspira a seguir o camiño da protesta de 2024, que desbordou a praza do Obradoiro. Para Cancelo, resulta “importantísimo presionar nestes momentos”, xa que, ao seu xuízo, “o Goberno galego está a facilitar ás empresas”.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...