InicioSUCESOSA Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

Un familiar alertou ao 112 ao atopala atrapada baixo o electrodoméstico

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller nun domicilio da rúa Ramón Cabanillas, no Ensanche compostelán, despois de sufrir un accidente doméstico na tarde deste sábado. A vítima foi atopada por un familiar baixo unha neveira volcada no interior da vivenda.

Segundo indicou o 112, a chamada de alerta produciuse poucos minutos antes das 19:00, cando o familiar, “moi preocupado pola ausencia de resposta”, pediu asistencia médica urxente ao comprobar que a muller permanecía cunha perna atrapada e non reaccionaba. A central de emerxencias activou de inmediato o protocolo correspondente e comunicou a situación ao 061.

O equipo sanitario desprazado ao lugar só puido confirmar o falecemento da muller ao chegar ao domicilio. A gravidade do suceso levou a solicitar a intervención de patrullas da Policía Nacional e da Policía Local de Santiago, que se fixeron cargo das primeiras comprobacións.

Os axentes traballan agora na reconstrución do ocorrido para determinar como se produciu a caída do electrodoméstico e cal foi a causa exacta da morte. Como marcan os procedementos legais, recóllense datos e indicios na vivenda para esclarecer se o accidente se produciu de maneira fortuíta e en que circunstancias se atopaba a víctima no momento do suceso.

ÚLTIMAS

Santiago é declarada zona de mercado residencial tensionado

Fontes da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas confirmaron que o Goberno galego...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na Casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

Un operario resulta ferido tras caer dunha estada en Vista Alegre e é trasladado ao hospital

Un operario resultou ferido este martes pola mañá tras sufrir unha caída dende unha...

Tres feridos tras unha colisión entre dous coches xunto ao CHUS

Tres persoas precisaron asistencia sanitaria tras verse implicadas nunha colisión entre dous vehículos na...

Un accidente na AG-56 provoca importantes retencións á entrada de Santiago a primeira hora

Unha colisión por alcance entre dous vehículos na AG-56, ao seu paso por Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here