InicioSOCIEDADEDescubrimento clave na USC para o tratamento da enfermidade do fígado graxo...

Descubrimento clave na USC para o tratamento da enfermidade do fígado graxo non alcohólico

Investigadores do CiMUS identifican unha nova diana terapéutica que podería revolucionar o tratamento desta patoloxía

Publicado o

Xornal de Compostela

Investigadores do grupo de Metabolismo Molecular do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermedades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela, liderados por Rubén Nogueiras Pozo, fixeron un avance significativo no tratamento da enfermidade do fígado graso non alcohólico (MASLD). Este descubrimento, publicado recentemente na revista Hepatology, abre a porta a novas terapias para unha enfermidade que afecta ao 25% da poboación española e cuxa incidencia aumenta cada ano.

Durante o estudo, o equipo identificou unha proteína chamada MAVS que está elevada en pacientes con MASLD e vinculada a dietas ricas en alimentos procesados e graxas saturadas. A investigación destacou que a inhibición desta proteína no fígado reducía significativamente a acumulación de graxa e a inflamación hepática. As investigadoras principais, Eva Nóvoa e Natália Lima, explicaron que este mecanismo tamén foi efectivo en modelos animais e células hepáticas humanas, representando unha posible vía para o desenvolvemento de tratamentos máis efectivos.

O estudo subliña a importancia da inflamación no desenvolvemento da MASLD, unha enfermidade que pode progresar a condicións máis graves como cirrose ou cáncer hepático. Con todo, as investigadoras advirten que aínda é preciso realizar moitos máis estudos para confirmar se a inhibición de MAVS pode ser unha terapia segura e eficaz en humanos. Este descubrimento é un paso importante na busca de alternativas para unha enfermidade que actualmente carece de tratamento e cuxa prevalencia global é estimada arredor do 30%.

ÚLTIMAS

A protesta do téxtil trasládase a Santiago e acampan fronte á Confederación de Empresarios

A acampada de representantes de traballadoras e traballadores do sector téxtil contra o convenio...

Santiago probará un sistema dixital para axilizar as bolsas de comedor escolar

O Concello de Santiago e o grupo de investigación Armela da USC colaborarán no...

Goretti Sanmartín e Pedro Blanco apelan á colaboración co empresariado galego na asemblea da CEG

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro...

Borja Verea propón crear unha ‘Casa das Familias’ municipal para ofrecer apoio emocional e orientación en Santiago

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, anunciou este martes a proposta da...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario...

Pedro Blanco felicita á Asociación de Xornalistas de Santiago polos seus 80 anos de vida

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, felicitou á Asociación de Xornalistas de...

A Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento de sacos de cascallos en San Lourenzo

A Policía Local de Santiago identificou á persoa responsable de abandonar arredor dun cento...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here