InicioSOCIEDADEA USC adhírese á Rede Española de Universidades Promotoras da Saúde

A USC adhírese á Rede Española de Universidades Promotoras da Saúde

A Universidade de Santiago busca reforzar o papel das universidades como promotoras de saúde e benestar

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela vén de adherirse á Rede Española de Universidades Promotoras da Saúde (REUPS), cun obxectivo compartido: reforzar o papel das universidades como contornas promotoras da saúde e o benestar tanto do seu estudantado, como do seu persoal e da sociedade, liderando e apoiando procesos de cambio social.

A USC designou como o seu representante na REUPS a Francisco Caamaño Isorna, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e director da Cátedra de Vida Saudable financiada pola Dirección de Saúde Pública dependente da Consellaría de Sanidade.

A REUPS está composta actualmente por 59 universidades, o Ministerio de Sanidade, o Ministerio de Educación e Formación Profesional, a Conferencia de Reitores (CRUE) e nove estruturas de saúde pública das comunidades autónomas. Esta rede traballa para instaurar o Movemento de Universidades Promotoras de Saúde, dando forma a unha alianza entre institucións universitarias que pretenden mellorar as condicións para a saúde, a calidade de vida e o benestar de todos os membros da comunidade universitaria.

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Nove vivendas municipais para a rúa da Caramoniña froito da rehabilitación e a obra nova

O proxecto de vivendas de aluguer accesible da rúa da Caramoniña, en Santiago de...

A taxa turística recadou 1,75 millóns de euros nos primeiros nove meses tras a súa entrada en vigor

O Concello de Santiago recadou un total de 1.759.452,21 euros a través da chamada...

Raxoi dá por zanxado o “malentendido” pola ampliación do CEIP Quiroga Palacios: “Xa o resolveron os técnicos”

A concelleira de Educación de Santiago, Míriam Louzao, asegurou que o "malentendido" que puido...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here