InicioSOCIEDADEUnha nova terapia contra o cancro de tiroides máis agresivo é descuberta...

Unha nova terapia contra o cancro de tiroides máis agresivo é descuberta por investigadores da USC

O traballo identifica un axente terapéutico que elimina de forma selectiva as células cancerosas. O cancro de tiroides máis agresivo ofrece actualmente moi poucas opcións de tratamento efectivas, cunha taxa de supervivencia de cinco anos de apenas o 5 %.

Publicado o

Xornal de Compostela

Investigadores do CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC) descubriron unha nova terapia dirixida contra o cancro anaplásico de tiroides, o máis agresivo, que non dana células sas ao eliminar de forma selectiva as cancerosas. Este tipo de cancro, un dos máis agresivos e devastadores, actualmente ofrece moi poucas opcións de tratamento efectivas, cunha taxa de supervivencia de cinco anos de apenas o 5 %, pero este novo estudo abre a porta a unha terapia innovadora.

Así o destacou a USC nun comunicado, no que explica que a investigación foi realizada por persoal investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular (CIMUS) e do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ambos os pertencentes á USC e ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia (IDIS), dirixidos por Clara Álvarez e José Cameselle. O estudo, publicado na revista ‘Nature Communications‘, identifica un axente terapéutico, PIAS2b-dsRNAi, que elimina selectivamente as células cancerosas anaplásicas de tiroides sen afectar as células sas ou a outros tipos de cancro de tiroides de tipo benigno.

“Este achado representa un avance significativo na loita contra esta enfermidade tan desafiante”, apuntou Clara Álvarez, que sinala que supón un enfoque totalmente novo para tratar o cancro anaplásido de tiroides. O uso de PIAS2b-dsRNAi baséase en identificar que unha das diferenzas entre o cancro anaplásico e as células normais, que á súa vez é esencial para a súa proliferación, podería ser utilizada como o seu talón de Aquiles, comenta José Manuel Cameselle.

O persoal investigador descubriu que unha encima chamada PIAS2b desempeña un papel crucial na supervivencia das células anaplásicas de tiroides. A diferenza das células normais ou doutros tipos de cancro, as anaplásicas dependen de PIAS2b para a súa división. Este descubrimento brindou a oportunidade de deseñar unha terapia dirixida que atacase especificamente esta encima crave.

O equipo deseñou un axente terapéutico baseado en ARN de dobre candena (dsRNAi) transcrito ‘in vitro’, denominado PIAS2b-dsRNAi. Este actúa como unha molécula mensaxeira inversa, silenciando a expresión da encima dentro das células anaplásicas. Como resultado, estas perden a súa capacidade de división e morren nun proceso coñecido como catástrofe mitótica.

A eficacia de PIAS2b-dsRNAi avaliouse no laboratorio utilizando cultivos de células de pacientes con cancro anaplásico de tiroides en comparación con células normais, benignas ou doutros tipos de cancro con bo prognóstico. “Os resultados demostraron que o axente terapéutico era altamente selectivo, eliminando exclusivamente as células anaplásicas sen afectar as células sas”, segundo explica a investigadora do CiMUS da USC.

Ademais, os investigadores deseñaron ensaios preclínicos ‘in vivo‘ e implantaron tumores de pacientes con cancro anaplásico de tiroides en ratos e comparáronse os resultados dos animais tratados coa terapia fronte a un grupo control. Deste xeito, os tumores tratados deixaron de crecer, o que proporciona unha evidencia preclínica sólida do potencial terapéutico deste axente.

EFICAZ NO TRATAMENTO DOUTROS CANCROS

A investigación, ademais, non se limitou ao cancro anaplasico de tiroides. Así, os estudos demostraron que PIAS2b-dsRNAi tamén é eficaz na eliminación de células cancerosas anaplásicas doutras localizacións como páncreas, pulmón ou estómago. Este feito abre a porta a aplicacións máis amplas no tratamento doutros tipos de cancro e os resultados representan un avance significativo na loita contra o cancro anaplásico de tiroides e outros tipos de cancro anaplásico. Os investigadores esperan que este estudo anime ás compañías farmacéuticas a investir no desenvolvemento clínico deste axente terapéutico, co obxectivo de levalo aos pacientes canto antes.

ÚLTIMAS

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no...

O Concello inclúe no rexistro de inmobles a rehabilitar un edificio en ruínas da Caramoniña e deberá sacalo a poxa

O Concello de Santiago incorporou ao Rexistro municipal de soares e edificacións que cómpre...

O PSOE levará ao Pleno unha proposta para reformar as axudas ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

A CIG denuncia a “cronificación” da masificación nas Urxencias do CHUS, con case 500 entradas diarias

A CIG volveu denunciar a “cronificación” da asistencia masiva e a “falta de medios”...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...