InicioSOCIEDADEe-SoundWay, unha ferramenta desenvolvida pola USC para aprender pronuncia e fonética inglesa...

e-SoundWay, unha ferramenta desenvolvida pola USC para aprender pronuncia e fonética inglesa a través do Camiño

e-SoundWay permite profundar, ao longo de 34 etapas con retos ou pequenos xogos en lugares, datos históricos, lendas do Camiño, ou peregrinos de distintas épocas que contribúen a que o usuario se familiarice con diversos acentos do inglés

Publicado o

Xornal de Compostela

Universidade de Santiago (USC) desenvolveu unha ferramenta educativa, chamada e-SoundWay, para aprender a pronuncia e a fonética inglesa a través da experiencia do Camiño de Santiago. Tal e como trasladou a institución nunha nota de prensa, o proxecto, no que participa a profesora da USC María de los Ángeles Gómez González nace ao redor da Ruta Xacobea, concibido “como un espazo simbólico e cultural que combina tradición e innovación”.

Nesta liña, permite profundar, ao longo de 34 etapas con retos ou pequenos xogos en lugares, datos históricos, lendas do Camiño, ou peregrinos de distintas épocas que contribúen a que o usuario se familiarice con diversos acentos do inglés. Tamén, inclúe un manual trilingüe, un laboratorio multimedia en liña e un código QR con acceso a dúas versións do xogo: The Route e FreeRoaming.

Ademais, a aplicación incorpora a participación de peregrinos e especialistas contemporáneos como Antón Pombo, Laurie Dennett, Kate Long, Rebekah Scott ou Noel Braun, e a inclusión de figuras históricas vinculadas á tradición xacobea, entre elas John Rutherford, George Borrow, Annette Meaking e Margery Kempe.

Esta iniciativa é froito de dous proxectos de investigación financiados pola Axencia Estatal de Investigación, e desenvolvido pola USC e a Universidade de Vigo (UVigo), en colaboración con institucións e entidades como University College London, Luar na Lubre, Resonet, ARASAAC (Centro Aragonés para a Comunicación Aumentativa e Alternativa) ou Fresh Caricatures, entre outras.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que...

A alcaldesa destaca o impulso da Casa Xohana Torres e o crecemento do asesoramento LGBTIQ+ no Consello Municipal de Igualdade

A reunión do Consello Municipal de Igualdade, presidida este venres pola alcaldesa Goretti Sanmartín,...

A USC en mans de mulleres: catro candidatas se presentan para reitoras tras a retirada de Mar Lorenzo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...