InicioSOCIEDADEMunicipios do Camiño enxalzan "colaborar" e celebran o 10º aniversario da Asociación...

Municipios do Camiño enxalzan “colaborar” e celebran o 10º aniversario da Asociación cunha Ofrenda ao Apóstolo

"O Camiño únenos máis aló de diferenzas políticas", proclama o presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) celebrou este sábado no Centro Sociocultural Luís Seoane do Pino a súa X Asemblea Xeral Ordinaria, coa participación de representantes dos municipios do Camiño Francés. O encontro estivo precedido por un acto de inauguración institucional no que interviñeron o arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Francisco José Prieto Fernández; o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles Remy; o alcalde anfitrión, Manuel Taboada; e o presidente da AMCS, Carlos Serrano, alcalde de Jaca.

Tras o saúdo inicial do alcalde do Pino, o arcebispo de Santiago subliñou “a dimensión espiritual e cultural do Camiño como vía de encontro entre pobos e xeracións”, mentres que Xosé Manuel Merelles recoñeceu “o papel fundamental dos municipios na proxección internacional de Galicia e do Camiño como un dos destinos turísticos e culturais máis valiosos de Europa”.

Segundo indicou a Xunta nun comunicado, tamén destacou a “colaboración histórica” dos concellos do Camiño Francés como alicerce dos valores xacobeos. Pola súa banda, a Asociación destacou que o seu presidente puxo en valor da colaboración entre municipios. “Celebramos dez anos camiñando xuntos, cunha asociación que soubo crecer en cohesión, compromiso e capacidade de xestión. O Camiño únenos máis aló de diferenzas políticas; o que compartimos é unha mesma responsabilidade por preservar este patrimonio mundial e facelo accesible a todos”, proclamou.

RETOS E LIÑAS ESTRATÉXICAS

Durante a Asemblea, presidida por Carlos Serrano xunto a Olga Igrexas, alcaldesa de Triacastela e membro da Comisión de Seguimento, e Rafael Ansó, alcalde de Cendea de Cizur, abordáronse os principais retos e liñas estratéxicas da AMCS para o período 2025-2026. Entre os principais asuntos destacan a presentación do Plan Estratéxico 2025-2026, que organiza as prioridades da asociación ao redor de catro grandes eixos de actuación: visibilidade e posicionamento internacional; dinamización territorial; innovación, transición dixital e sustentabilidade; e finalmente, cooperación institucional.

A Asemblea serviu ademais como un espazo crave de encontro entre os representantes municipais, no que compartir experiencias, fortalecer a cooperación entre territorios e avanzar no deseño de iniciativas comúns. Tamén se presentou a Memoria de Actividades 2024-2025, que recolle máis dun centenar de accións culturais, institucionais e formativas impulsadas pola AMCS nos últimos doce meses, así como o novo Plan de Comunicación, orientado a proxectar a identidade da asociación en medios, redes sociais e foros estratéxicos.

OFRENDA AO APÓSTOLO ESTE DOMINGO

A AMCS non conclúe os seus actos esta fin de semana en Galicia, pois este domingo 11 de maio ás 12.00 horas terá lugar un acto conmemorativo con motivo do 10.º aniversario da AMCS, cunha Ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago de Compostela. O evento, que incluirá o tradicional bandeo do botafumeiro, foi organizado polo Comité Científico da AMCS e contará coa asistencia de alcaldes e representantes institucionais do Camiño Francés.

ÚLTIMAS

Raxoi insta á Xunta a “manter a coordinación” entre os tres aeroportos galegos

A portavoz municipal do Concello de Santiago, Míriam Louzao, instou á Xunta de Galicia...

A Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, catalogada de interese cultural

A Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, situado na compostelá Igrexa de San...

O delegado do Goberno di que non é a súa “preocupación inmediata” a súa candidatura á Alcaldía de Santiago

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, defendeu que os socialistas de Santiago de...

O Goberno local aproba a rehabilitación do Centro Sociocultural de Vite e o plan para construír o novo IDIS

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago aprobou este luns varios asuntos...

Raxoi insta á Xunta a “manter a coordinación” entre os tres aeroportos galegos

A portavoz municipal do Concello de Santiago, Míriam Louzao, instou á Xunta de Galicia...

Lestegás celebra o labor de Fundación RIA e CASA RIA na transformación urbana de Santiago

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, participou este...

Tres acusados negan ter branqueado diñeiro do narcotráfico, os ingresos viñan do traballo “lícito” da prostitución

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este...