InicioMOV. SOCIAISASPAS culmina o seu Camiño de Santiago pola ruta inglesa con máis...

ASPAS culmina o seu Camiño de Santiago pola ruta inglesa con máis de 150 participantes

A asociación compostelá celebra unha iniciativa de convivencia e inclusión para visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual

Publicado o

Xornal de Compostela

Baixo o lema ‘Pasiño a pasiño… acadando metas’, a Asociación ASPAS completou con éxito o seu Camiño de Santiago pola ruta inglesa, entre Ferrol e Compostela. A entidade, formada por familias de persoas con discapacidade intelectual, promoveu esta actividade como un espazo de convivencia, superación e visibilización das capacidades do colectivo, nun itinerario que percorreu os 113 quilómetros desta ruta xacobea ao longo das fins de semana de abril e maio.

Durante sete etapas, unha media de 65 persoas por xornada, con e sen discapacidade, participaron nesta camiñada. A derradeira etapa, celebrada o venres 31 de maio, reuniu a 158 camiñantes, que partiron desde A Sionlla ás 10:00 da mañá e foron sumándose ao longo do traxecto ata chegar á Praza do Obradoiro, onde foron recibidos por familiares e amizades nun ambiente cargado de emoción.

A organización proporcionou camisetas conmemorativas, avituallamento, vehículos de apoio e autobuses dende Santiago, para garantir que todas as persoas puidesen completar cada etapa nas mellores condicións posibles. O xantar de confraternización final, na Carballeira de San Lourenzo, reuniu a máis de 150 persoas, pechando cun ambiente festivo unha iniciativa que tivo como eixo central a inclusión.

Segundo fontes da asociación, esta actividade supón un dos momentos máis importantes do calendario anual de ASPAS, pero non será o último. O vindeiro 20 de setembro, a entidade organizará en Narón a representación do musical inclusivo ‘Peter Voamos!!’, que contará con 50 actores con discapacidade intelectual e máis de 30 músicos e bailarinas novas da contorna compostelá. Con este novo proxecto, ASPAS reafirma o seu compromiso coa inclusión a través de iniciativas culturais que dan visibilidade e protagonismo ás persoas con discapacidade.

ÚLTIMAS

Dous botes de laca, orixe dun incendio nunha vivenda compostelá

A explosión de dous botes de laca para o pelo provocaron un pequeno incendio...

A veciñanza de Galeras celebra o San Xoán cun debate sobre o río Sarela e recollida de herbas

A Asociación de Veciños Plataforma de Galeras celebrará o San Xoán o vindeiro luns...

Sumar Galicia aproba o seu protocolo de federación con Sumar estatal

O Movemento Sumar Galicia aprobou este sábado, na súa reunión da Coordinadora Nacional, o...

O Concello executará obras no CEIP Quiroga Palacios e destina 300.000 euros ao mantemento dos centros escolares

A concelleira de Educación de Santiago, Míriam Louzao, presidiu este xoves unha nova sesión...

O Obradoiro acolle un acto en memoria das 66.519 persoas refuxiadas falecidas nos últimos tres anos

A Praza do Obradoiro foi escenario este xoves da conmemoración do Día Mundial das...

Compostela súmase á campaña estatal polo acollemento familiar cun acto simbólico na Alameda

O Parque da Alameda de Santiago de Compostela será o escenario, o vindeiro 17...

Unha manifestación polo crime machista de Moraña colapsa momentaneamente o tráfico na Virxe da Cerca

Unha manifestación feminista convocada pola Marcha Mundial das Mulleres denunciou esta tarde en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here