InicioSANTIAGOVEDRAVedra e a Cámara de Comercio de Santiago reforzan a cooperación europea...

Vedra e a Cámara de Comercio de Santiago reforzan a cooperación europea a través do proxecto ATLIC

Vedra e a Cámara de Comercio de Santiago reafírmanse no proxecto ATLIC pola economía azul e a internacionalización do talento galego co alcalde Carlos Martínez entregando o escudo municipal ao Reitor da Universidade das Azores como símbolo de cooperación

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

O Concello de Vedra e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela participaron do 11 ao 13 de marzo na International Creative Jam, celebrada en Ponta Delgada, Portugal, no arquipélago das Azores, no marco do proxecto europeo Atlantic InnoBlue Communities (ATLIC). O evento reuniu emprendedores, expertos e organizacións de Portugal, Irlanda, Francia e España co obxectivo de promover solucións innovadoras para os retos da economía azul.

A presenza de Vedra nesta iniciativa reflicte a súa implicación nos proxectos europeos, nos que leva anos traballando para compartir boas prácticas e crear novas oportunidades para o rural galego. Como parte desta estratexia de colaboración, o alcalde Carlos Martínez entregou ao Reitor da Universidade das Azores o escudo municipal de Vedra, nun xesto de representación institucional que reforza os vínculos do concello con outras rexións europeas.

Vedra entrega ao Reitor da Universidade das Azores o escudo municipal – Concello de Vedra

Ademais, Martínez reuniuse co alcalde de Ribeira Grande, Alexandre Gaudencio, e con representantes do municipio portugués de Santo Tirso, sentando as bases para futuras colaboracións en proxectos que poñan en valor os elementos en común entre estes territorios.

A Cámara de Comercio de Santiago, pola súa parte, tivo un papel destacado na promoción do talento galego e do emprendemento xuvenil, organizando talleres especializados sobre oportunidades da Unión Europea, ademais de participar en mesas redondas sobre gobernanza e desenvolvemento sostible. O evento tamén contou con actividades de innovación, nas que os participantes traballaron en proxectos que serán avaliados por un xurado especializado.

A implicación conxunta da Cámara de Comercio de Santiago e do concello de Vedra no proxecto ATLIC dálle continuidade á súa estratexia de conexión co espazo atlántico, favorecendo o intercambio de coñecemento e a creación de alianzas que reforcen o desenvolvemento sostible e a proxección internacional do talento galego.

Representantes de Santiago de Compostela e Vedra xunto ás mozas participantes na International Creative Jam nas Azores – Cámara de Comercio de Santiago

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...

A Xunta e o Concello de Vedra asinan un convenio para mellorar a escola infantil municipal

A Xunta de Galicia e o Concello de Vedra veñen de asinar un convenio...

As familias do CPI Plurilingüe de Vedra denuncian a falta de profesorado e de apoio á diversidade

As familias do CPI Plurilingüe de Vedra advertiron dunha situación que cualifican de “insostible”...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here