InicioSANTIAGOVAL DO DUBRAOs socialistas alertan sobre o risco de converter Pedra Facha nun vertedoiro

Os socialistas alertan sobre o risco de converter Pedra Facha nun vertedoiro

Patricia Iglesias reclama á Xunta que escoite á veciñanza e rexeite o proxecto de vertedoiro en Val do Dubra

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, advertiu hoxe sobre o perigo de converter a antiga mina de Pedra Facha, situada na parroquia de Niveiro, en Val do Dubra, nun vertedoiro a ceo aberto. A deputada presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria do Parlamento galego, na que instou á Xunta de Galicia a escoitar á cidadanía e a non dar luz verde ao proxecto.

Iglesias lembrou que tanto o concello de Val do Dubra como o de Trazo expresaron o seu apoio á veciñanza e solicitaron que a Xunta non emita unha Declaración de Impacto Ambiental favorable para o proxecto. A parlamentaria mantivo un encontro co alcalde de Val do Dubra, o socialista Diego Luis Díaz, e representantes da asociación veciñal de Niveiro, que tamén seguen de preto o debate.

“A veciñanza e os concellos afectados xa fixeron pública a súa oposición a esta iniciativa”, destacou Iglesias, quen alertou dos importantes prexuízos para as vivendas situadas a menos dun quilómetro da mina e para as explotacións gandeiras e agrícolas a uns 800 metros de distancia.

A parlamentaria lamentou que a Xunta “non escoita á veciñanza nin aos concellos que se opoñen a este proxecto” e sinalou que a falta de planificación da Xunta está convertendo á industria mineira galega nun “xigante con pés de barro”. Iglesias insistiu en que calquera proxecto debe garantir a sostibilidade medioambiental, económica e social para contribuír ao desenvolvemento de Galicia como rexión industrial avanzada.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

Val do Dubra acolle unha nova edición das Feiras de Abril con presenza institucional e ampla participación local

O concello de Val do Dubra iniciou esta mañá unha nova edición das Feiras...

A Real Academia Galega convida á veciñanza de Val do Dubra a preservar a microtoponimia local a través de Galicia Nomeada

A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á...

O Goberno activa o Bono Cultural Xove 2025 e estima que 1.500 mozos da comarca de Santiago poderán beneficiarse

O Goberno de España puxo en marcha a edición 2025 do Bono Cultural Xove,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here