InicioSANTIAGOTEOUn profesor do IES Cacheiras recibe o premio Innovación Educativa polo proxecto...

Un profesor do IES Cacheiras recibe o premio Innovación Educativa polo proxecto ‘Aturuxo Films. Imaxinando músicas’

O sector de Ensino de UXT-Servizos Públicos fará entrega do galardón este martes, ás 11,30 horas

Publicado o

Xornal de Compostela

O sector de Ensino de UXT-Servizos Públicos fará entrega este martes, ás 11,30 horas, no IES de Cacheiras, do 1º Premio de Innovación Educativa, convocado por Escola Viva, ao profesor de Artes Plásticas, Sergio Clavero Ibáñez de Garayo polo proxecto ‘Aturuxo Films. Imaxinando músicas’.

No acto entregaráselle un diploma acreditativo como recoñecemento ao valor innovador dun proxecto pedagóxico cuxo obxectivo fundamental é “o desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado a través da creatividade e o fomento dunha mirada atenta e reflexiva para a acción social”. O premio conta cunha dotación económica de 500 euros.

Este galardón ten como obxectivo recoñecer o labor daqueles docentes que levan a cabo experiencias didácticas innovadoras nos seus centros, co fin de mellorar a formación do seu alumnado. O xurado tamén outorgou unha mención honorífica ao proxecto ‘Memoria Innovación educativa’, no ámbito da aprendizaxe participativa e colaborativa, realizado pola profesora Noemia María Ortega Dourado, do IES Carlos Casares.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

A Garda Civil rescata no río Ulla o cadáver do veciño de Teo desaparecido

A Garda Civil recuperou na tarde deste sábado o corpo sen vida dun veciño...

Operativo de busca no río Ulla para localizar un veciño de Teo desaparecido desde o mércores

Distintos efectivos participan nun operativo de busca dun veciño de Teo, de 56 anos,...