InicioSOCIEDADEOperativo de busca no río Ulla para localizar un veciño de Teo...

Operativo de busca no río Ulla para localizar un veciño de Teo desaparecido desde o mércores

Participan mergulladores do GEAS, drons e patrullas da Garda Civil tras aparecer o coche do home na zona da Estrada

Publicado o

Xornal de Compostela

Distintos efectivos participan nun operativo de busca dun veciño de Teo, de 56 anos, cuxa familia alertou da súa desaparición na xornada do mércores. O dispositivo está centrado na zona do río Ulla, con efectivos despregados na área da Estrada, segundo precisaron fontes da Garda Civil.

No operativo participa un equipo integrado por efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS), así como patrullas de Seguridade Cidadá, un dron e outros medios de apoio. O vehículo do desaparecido foi localizado na zona pontevedresa, o que motivou o despregamento intensivo na contorna fluvial. Por outra banda, fontes policiais confirmaron que un home de 78 anos que faltaba dunha residencia de Bembrive foi reintegrado ao centro, despois de ausentarse tras unha visita médica.

ÚLTIMAS

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O BNG de Teo denuncia que o Goberno de Lucía Calvo deixou sen executar tres millóns de euros en investimentos durante 2025

O BNG de Teo denunciou que o Goberno municipal do Partido Popular, encabezado pola...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...