InicioSANTIAGOTEOO BNG de Teo denuncia na rúa as deficiencias sanitarias e a...

O BNG de Teo denuncia na rúa as deficiencias sanitarias e a falta de persoal nos centros de saúde

A formación nacionalista sinala o aumento das listas de agarda e a ausencia de servizos básicos mentres continúa sen executarse o novo centro sanitario

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Teo levou a cabo mobilizacións na rúa para visibilizar a situación da atención sanitaria no concello, marcada, segundo denuncian, por incidencias reiteradas e unha falta de planificación na cobertura de profesionais nos centros de saúde.

Dende a organización sinalan que esta situación está a provocar un incremento das listas de agarda e obrigando a parte da veciñanza a desprazarse a outros municipios para recibir asistencia médica. Esta circunstancia, apuntan, ten unha especial incidencia en persoas con doenzas crónicas e na poboación infantil, ao dificultar o acceso regular á sanidade pública.

O BNG tamén pon o foco na carencia de determinados servizos sanitarios no propio concello. Na actualidade, segundo indican, os centros de saúde de Teo non contan con profesionais en áreas como farmacia, odontoloxía, fisioterapia, saúde mental ou radioloxía, o que limita a capacidade de atención integral.

Ademais, a formación critica a tardanza na execución do novo centro de saúde, unha infraestrutura que consideran necesaria para dar resposta ás necesidades asistenciais da poboación. A este respecto, subliñan que a demora na súa construción está a agravar as deficiencias actuais do sistema sanitario local.

ÚLTIMAS

A VIII Gala do Deporte recoñece en Santiago as figuras máis destacadas da tempada 2024/25

A alcaldesa de Santiago presidiu este martes a VIII Gala do Deporte, un acto no...

A USC pecha o exercicio 2025 cun superávit orzamentario superior ao millón de euros

A Universidade de Santiago de Compostela pechou o exercicio 2025 cun superávit orzamentario de 1,02...

O Concello inicia o proceso para redactar o proxecto da Factoría de Salgueiriños cun investimento de 315.000 euros

O Concello de Santiago deu un novo paso no desenvolvemento da Factoría de Salgueiriños,...

Mercedes Rosón anuncia o apoio das non adscritas ao regulamento do Foro de Turismo Sustentable tras introducir cambios na súa composición

A concelleira non adscrita de Santiago, Mercedes Rosón, confirmou o seu voto favorable ao...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

A Garda Civil rescata no río Ulla o cadáver do veciño de Teo desaparecido

A Garda Civil recuperou na tarde deste sábado o corpo sen vida dun veciño...

Operativo de busca no río Ulla para localizar un veciño de Teo desaparecido desde o mércores

Distintos efectivos participan nun operativo de busca dun veciño de Teo, de 56 anos,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here