InicioSANTIAGOTEOO BNG de Teo leva ao pleno dúas mocións sobre o sector...

O BNG de Teo leva ao pleno dúas mocións sobre o sector agrogandeiro e o patrimonio que son rexeitadas polo PP

O grupo nacionalista tamén trasladou varios rogos sobre infraestruturas deportivas, servizos educativos e mantemento municipal no pleno do 28 de xaneiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Teo presentou no pleno municipal celebrado o pasado 28 de xaneiro dúas mocións centradas no ámbito sectorial e normativo. As iniciativas abordaban, por unha banda, o apoio ás reivindicacións do sector agrogandeiro galego e, pola outra, o rexeitamento á modificación da lei de patrimonio cultural de Galicia.

Ambas propostas foron rexeitadas ao contar co voto en contra do Partido Popular, segundo trasladou o grupo nacionalista. As dúas mocións formaban parte da orde do día do pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro no Concello de Teo.

Alén das mocións, o BNG de Teo elevou ao goberno local unha serie de rogos relacionados co estado de diferentes servizos e equipamentos municipais. Entre eles, o grupo volveu preguntar polos prazos previstos para a renovación do céspede artificial de Rebordelo, unha cuestión xa formulada en sesións anteriores. Segundo indica o BNG, o executivo local non concretou datas nin previsións para esta actuación.

Outro dos asuntos trasladados foi a eliminación de luminarias no colexio de Os Tilos, unha situación que o grupo considera problemática para a comunidade educativa. Así mesmo, o BNG puxo o foco na falta de mantemento das cunetas, que estaría a provocar episodios de inundacións en distintos puntos do municipio.

Por último, o grupo nacionalista trasladou ao pleno a súa preocupación polo estado da auga municipal que chega ás vivendas da veciñanza, sinalando esta cuestión como outro dos aspectos pendentes de resposta por parte do goberno local.

ÚLTIMAS

Santiago constitúe o Consello Municipal de Mocidade tras aprobar un novo regulamento

O Concello de Santiago celebrará mañá pola tarde a sesión constitutiva do Consello Municipal...

O pleno de Ames rexeita inicialmente o orzamento municipal de 2026 e o alcalde anuncia unha cuestión de confianza

O Pleno extraordinario celebrado esta mañá no Concello de Ames saldouse coa rexeita da...

Santiago reivindica a figura de Rosalía de Castro no 189 aniversario do seu nacemento

A cidade de Santiago conmemorou este 23 de febreiro o 189 aniversario do nacemento...

O PP rexeita cambiar o nome do CEIP Apóstolo Santiago

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, manifestou este luns o rexeitamento...

Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen en Teo o labor cultural e social de dezasete persoas e entidades

O Hotel Congreso, no concello de Teo, acolleu este venres a entrega da quinta...

Os Premios Alfredo Iglesias entregan en Teo os recoñecementos á cultura e ao compromiso social

A quinta edición dos Premios Alfredo Iglesias celebrarase o venres 16 de xaneiro, ás 20:30,...

Teo reclama máis presenza da Garda Civil tras os roubos rexistrados na comarca

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, solicitou un reforzo dos efectivos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here