InicioSANTIAGOTEOOs Premios Alfredo Iglesias recoñecen en Teo o labor cultural e social...

Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen en Teo o labor cultural e social de dezasete persoas e entidades

A quinta edición do certame, impulsado por Álex Regueiro, celebrouse este venres no Hotel Congreso cunha gala que fixo cheo completo e avanzou os galardóns previstos para 2027

Publicado o

Xornal de Compostela

O Hotel Congreso, no concello de Teo, acolleu este venres a entrega da quinta edición dos Premios Alfredo Iglesias, unha iniciativa impulsada por Álex Regueiro que recoñece o labor cultural e o compromiso social de persoas e entidades vencelladas a Galicia. A gala, conducida por Carlos Tresandí e coa colaboración do mago Iván Tourís, rexistrou un cheo completo.

Nesta edición foron distinguidos Paula Carballeira, Wöyza, o Museo do Pobo Galego, Tareixa Navaza, Katuxa Platero, La Central Heladera, Esther Estévez, Kiko da Silva, a Casa Museo Rosalía de Castro, Jorge Mira, Fuco Reyes, Leila Nachawati, Down Compostela, Idoia Cuesta, José Luis Míguez, Eirís Makencie, Marisa Prisa, así como Maca Reimúndez e Carmen Fernández.

Durante a cerimonia participaron representantes dos ámbitos cultural, social, político e artístico, entre eles Mercedes Queixas Zas, Mercedes Rosón, Tino Martínez, Avelino González, Ramón Castro, Ángel Currás, María Xosé Rodríguez e Juan Luis Méndez-Rojo.

Segundo se trasladou desde a organización, o acto foi producido con fondos propios e serviu como espazo de reivindicación a favor do país e da lingua galega, ademais de abordar cuestións de actualidade internacional e local. Nese contexto, Tareixa Navaza referiuse á sanidade pública e á manipulación dos medios públicos, cuestións que foron citadas durante a gala.

Un dos momentos máis destacados foi a ovación á activista Leila Nachawati, defensora dos dereitos humanos, coincidindo coa presentación da edición revisada da súa obra Cuando la revolución termime, centrada na situación de Siria.

Ademais, a organización deu a coñecer os galardóns previstos para 2027, que recaerán en Marica Campo (Escrita), Loita Amada (Música), o Consello da Cultura Galega (Acción patrimonial), Manuel Vicente de ‘Efervescencia (Comunicador), o CIFP Paseo das Pontes (Moda) e A Mesa pola Normalización Lingüística (Promoción da lingua).

Completarán a relación Luis Davila (Ilustración), Paula Cabaleiro e Encarna Lago (Acción cultural), Elena Vázquez Cendón (Ciencia), Yoseba MP (Artes), o proxecto A Loita Final de Mabel Rivera e Enrique Banet (Proxecto teense do ano), Asociación Ulla Viva (Acción solidaria), Arela (Acción social), Creativas Galegas (Artesanía), Xosé Luís Bernal “Farruco” (Traxectoria) e, nos premios á memoria, Dolores Bouzón, Xosé Manuel Piñeiro e Moncho Reboiras.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here