InicioSANTIAGOTEOOs Premios Alfredo Iglesias entregan en Teo os recoñecementos á cultura e...

Os Premios Alfredo Iglesias entregan en Teo os recoñecementos á cultura e ao compromiso social

A quinta edición dos galardóns distinguirá figuras e proxectos da creación, a comunicación, a ciencia, a acción social e a promoción da lingua nun acto que se celebrará o venres 16 de xaneiro no hotel Congreso

Publicado o

Xornal de Compostela

A quinta edición dos Premios Alfredo Iglesias celebrarase o venres 16 de xaneiro, ás 20:30, no hotel Congreso, no concello de Teo, nun acto no que se recoñecerá o labor cultural e o compromiso social de persoas e entidades vencelladas ao país. Os galardóns están impulsados polo teense Álex Regueiro en lembranza do creador Alfredo Iglesias.

Nesta edición, o xurado acordou conceder o premio de Escrita a Paula Carballeira, mentres que o recoñecemento en Música recae en Wöyza. O apartado de Acción Patrimonial distinguirá ao Museo do Pobo Galego, e o de Comunicador a Tareixa Navaza.

No eido da Moda, o premio será para Katuxa Platero, mentres que en Gastronomía recoñecerase o proxecto La Central Heladera. A Promoción da Lingua distinguirá a Esther Estévez, e o apartado de Ilustración a Kiko da Silva.

A Acción Cultural será recoñecida coa distinción á Casa Museo Rosalía de Castro, mentres que o premio de Ciencia recaerá en Jorge Mira. No ámbito das Artes, o galardón será para Fuco Reyes.

En canto ao compromiso social, o premio de Acción Solidaria distinguirá a Leila Nachawati, e o de Acción Social á Fundación Dawn Compostela. O recoñecemento en Artesanía recaerá en Idoia Cuesta.

Pola súa banda, Maca Reimóndez e Carmen Fernández, produtoras da Radio Galega, serán recoñecidas co premio á Traxectoria.

O Premio á Memoria será concedido a José Luis Míguez Abucide, mentres que o galardón de Artista Revelación distinguirá a Eiris Makencíe e o de Personaxe Revelación a Marisa Prisa.

Segundo a organización, estes premios procuran afondar “nas traxectorias persoais e na relación que teñen co país as súas gañadoras e gañadores, salientando o valor da cultura e a súa promoción”, así como “o compromiso social”.

As edicións anteriores contaron con persoas e colectivos recoñecidos como Pilar García Negro, A Pedreira, Xacarandaina, Quintana Martelo, Hyden, A banda da loba, Mercedes Peón, Elena Ferro, Estíbaliz Espinosa, Diana Nogueira, María Xosé Rodríguez, Tino Martínez, Guadi Galego, Marilar Aleixandre, Begoña Vila ou Helena Villar Janeiro, consolidando estes galardóns como unha cita anual de referencia no panorama cultural galego.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...

Atopan sen vida nun coche o home de 82 anos desaparecido en Teo

Un home de 82 anos que desaparecera ao mediodía do sábado nunha urbanización de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here