InicioSANTIAGOTEO(VÍDEO) A Policía Local de Teo investiga un choque frontal entre dous...

(VÍDEO) A Policía Local de Teo investiga un choque frontal entre dous vehículos na N-550

O accidente produciuse en Calo sobre as 10:00 e analizouse o estado dos condutores e a legalidade dos seus permisos de condución

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha colisión frontal entre dous turismos na estrada N-550 ao seu paso pola parroquia de Calo, no concello de Teo, obrigou a intervir esta mañá aos servizos de emerxencia e ás forzas de seguridade. O sinistro tivo lugar arredor das 10:00 e, segundo informou o 112 Galicia, podería deberse a que un dos vehículos invadiu o carril contrario, segundo relatou un dos alertadores.

Tras recibir o aviso, axentes da Policía Local de Teo desprazáronse ata o lugar para comprobar o estado físico dos condutores e avaliar as condicións de seguridade nas que viaxaban, así como para verificar a vixencia dos seus permisos de condución. Tamén se deu aviso á Garda Civil de Tráfico, que participou nas tarefas de control viario, e ao servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa asistencia médica para os implicados.

A estrada, de gran tránsito entre Santiago e o sur da provincia da Coruña, presentou retencións puntuais durante a intervención dos servizos de emerxencia. Por agora, non transcenderon datos sobre a gravidade das posibles lesións nin se confirmou a existencia de denuncias ou sancións vinculadas ao incidente.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

A Garda Civil rescata no río Ulla o cadáver do veciño de Teo desaparecido

A Garda Civil recuperou na tarde deste sábado o corpo sen vida dun veciño...

Operativo de busca no río Ulla para localizar un veciño de Teo desaparecido desde o mércores

Distintos efectivos participan nun operativo de busca dun veciño de Teo, de 56 anos,...