InicioSANTIAGOBRIÓNA Romaría de Santa Minia rexistra unha grande afluencia de devotos

A Romaría de Santa Minia rexistra unha grande afluencia de devotos

Milleiros de persoas encheron a contorna da capela de Santa Minia no Día Grande das festas malia o peche parcial da carballeira

Publicado o

Xornal de Compostela

A celebración do Día Grande de Santa Minia en Brión viviu onte unha xornada destacada pola gran afluencia de romeiros e devotos que acudiron dende diversas comarcas de Galicia, malia o peche parcial da carballeira por motivos de seguridade. A afluencia de xente foi tal que os aparcamentos máis próximos colgaron o cartel de ‘completo’ ao mediodía, durante a misa solemne e á hora do xantar, algo que non se recordaba no último lustro.

As visitas ao santuario comezaron ás 9:00, cunha espera que oscilou entre os 10 e 25 minutos. Milleiros de devotos cumpriron coa tradición de bicar o sepulcro de Santa Minia e depositar as típicas figuriñas de cera. As ofrendas de candeas realizáronse, como en anos anteriores, na casa reitoral.

O tempo acompañou en xeral, agás por algúns chuvascos ocasionais, o que animou a moitos a achegarse á romaría. A pasada noite de xoves, na tirada de fogos artificiais e a verbena das orquestras Los Satélites e Olympus, a parcela dos concertos estivo completamente chea, a pesar dun trebón que afectou ao final da xornada.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, destacou o “extraordinario traballo” dos equipos de seguridade e apoio, e guiou á comitiva oficial, composta por diversas autoridades, nun paseo pola carballeira e os postos de venda, antes de participar nun xantar nunha das tradicionais polbeiras.

As festas continuarán durante esta fin de semana con actuacións musicais, pasarrúas e o Festival Brión Inclúe o domingo, que celebrará a diversidade funcional con diversas actuacións, entre elas, a do grupo de rock Chungo Pastel e o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade a actualización da taxa do lixo para 2026

O Concello de Brión aprobou este luns por unanimidade, cos votos de PSOE, PP...

O Concello de Brión inicia a programación do 25N cun obradoiro de autocoidado feminino

O Concello de Brión deu comezo esta mañá á súa programación especial arredor do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here