InicioSANTIAGOBRIÓNA Feira Labrega de Brión trasládase a Montebalado por previsión de chuvias

A Feira Labrega de Brión trasládase a Montebalado por previsión de chuvias

O evento contará con degustacións, exposicións e postos de produtos locais durante toda a xornada

Publicado o

Xornal de Compostela

A sexta edición da Feira Labrega de Brión, inicialmente prevista no Adro da Igrexa dos Ánxeles, celebrarase este domingo 22 de setembro no centro comercial Montebalado, debido ás previsións meteorolóxicas adversas. O evento, que se desenvolverá entre as 11:00 e as 20:00 horas, reunirá máis de 25 postos de venda e exposición de produtos locais como froitas de tempada, queixos, conservas, repostería artesanal e alimentos caseiros, así como artesanía e unha mostra de apeiros agrícolas e de bonsais de José Freire.

Ademais, haberá actividades para toda a familia, incluíndo xogos tradicionais para a rapazada e dúas degustacións. Ás 12:00 horas, o chef José Manuel Mallón ofrecerá un showcooking con petiscos elaborados con Tenreira Galega e produtos das hortas locais, mentres que ás 18:00 horas será a quenda de Manu Rey, que presentará outra degustación con ingredientes da zona. Ambas as actividades contan co apoio do GDR Terras de Compostela.

A xornada estará animada coa actuación do grupo de baile tradicional das escolas municipais de Brión ás 13:00 horas e co espectáculo “Supercoroza. Na eira e na lareira” ás 17:00 horas. A feira está organizada polo Concello de Brión, en colaboración con diversas institucións e entidades como a asociación Daquí Darredor, o GDR Terras de Compostela e Turismo de Galicia.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade a actualización da taxa do lixo para 2026

O Concello de Brión aprobou este luns por unanimidade, cos votos de PSOE, PP...

O Concello de Brión inicia a programación do 25N cun obradoiro de autocoidado feminino

O Concello de Brión deu comezo esta mañá á súa programación especial arredor do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here