InicioSANTIAGOBRIÓNO Concello de Brión solicita máis recursos humanos para o CEIP Pedrouzos

O Concello de Brión solicita máis recursos humanos para o CEIP Pedrouzos

Os tres grupos municipais acordan apoiar as reclamacións da comunidade educativa en busca dunha mellora nas condicións do centro escolar

Publicado o

Xornal de Compostela

Os tres grupos municipais do Concello de Brión (PSOE, PP e BNG) aprobaron unha moción conxunta solicitando á Xunta de Galicia máis recursos humanos para o CEIP Pedrouzos. A iniciativa foi promovida polo grupo de Goberno, co obxectivo de expresar o apoio ás demandas realizadas pola dirección do colexio, a ANPA Andaravía e a Concellería de Educación de Brión ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Entre as principais demandas está a cobertura da vacante do titor/a de Primaria con persoal a tempo completo, así como a incorporación dun mestre de Pedagoxía Terapéutica para atender tanto ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo como aos estudantes con Necesidades Educativas Especiais. Ademais, solicítase dividir o alumnado de 4º de Primaria en catro grupos, co fin de manter a ratio por debaixo dos 25 alumnos por clase.

Outro punto destacado é a petición dunha solución á provisionalidade do Departamento de Orientación, solicitando un segundo posto de orientador. Tamén se pide que a Consellería achegue o financiamento necesario para cubrir as necesidades do comedor escolar ou que facilite a contratación dos monitores necesarios.

A voceira do Grupo de Goberno, Sandy Cebral, reiterou o compromiso do Concello coa comunidade educativa de Brión, asegurando que “sempre estaremos a carón do colexio, dos pais e, sobre todo, dos nenos e nenas de Brión”. Afirmou que, se en algún momento faltara monitorado no comedor escolar, o Concello estaría disposto a asumir o gasto, tal como fixeron durante a pandemia.

Ademais, o pleno municipal tamén aprobou o pago das cotas provisionais á Mancomunidade Serra do Barbanza pola recollida de lixo, acordadas nunha reunión da xunta de alcaldes, ante a caducidade do contrato e a necesidade de prorrogar o servizo con FCC.

ÚLTIMAS

Ordenan desaloxar o Centro Escárnio e Maldizer en Santiago para a vindeira semana

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 ordenou que a semana próxima semana leve...

Aitor Bouza reclama a dimisión do xerente do Sergas polo colapso das urxencias do CHUS

O deputado socialista no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG-PSOE en Santiago,...

O Concello publicará no BOP a nova documentación da zona residencial tensionada

O Concello de Santiago publicará o vindeiro luns no Boletín Oficial da Provincia (BOP)...

As non adscritas cuestionan a previsión de ingresos por multas nos orzamentos de Santiago

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago de Compostela mantiveron este luns unha...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade a actualización da taxa do lixo para 2026

O Concello de Brión aprobou este luns por unanimidade, cos votos de PSOE, PP...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here