InicioSANTIAGOBRIÓNBrión celebra a Festa dos Maiores con medio millar de participantes e...

Brión celebra a Festa dos Maiores con medio millar de participantes e anuncia novas actividades para outubro

O alcalde Pablo Lago comprométese a seguir mellorando o evento, destacando o valor da xornada como homenaxe á veciñanza maior

Publicado o

Xornal de Compostela

Preto de 550 persoas participaron esta fin de semana na Festa dos Maiores organizada polo Concello de Brión no polideportivo municipal. O evento foi presidido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, quen estivo acompañado polos concelleiros de Maiores, Rosa RomeroCultura, Sandy Cebral, e Medio Rural, José Antonio Vidal.

Durante o acto, o alcalde comprometeuse a seguir mellorando esta celebración, que definiu como “unha das datas máis importantes do ano” para o concello. Ademais, animou aos maiores a participar nas actividades que se desenvolverán no centro social polivalente a partir do 1 de outubro, como baile, piscina, ximnasia e grupo de teatro.

A xornada de confraternización incluíu unha comida con empanada, polbo e carne ao caldeiro, seguida dun animado baile coa actuación da cantante local Ruth Cundíns e do grupo de gaitas Xoldra de Rois.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here