InicioSANTIAGOBRIÓNBrión celebra a Festa dos Maiores con medio millar de participantes e...

Brión celebra a Festa dos Maiores con medio millar de participantes e anuncia novas actividades para outubro

O alcalde Pablo Lago comprométese a seguir mellorando o evento, destacando o valor da xornada como homenaxe á veciñanza maior

Publicado o

Xornal de Compostela

Preto de 550 persoas participaron esta fin de semana na Festa dos Maiores organizada polo Concello de Brión no polideportivo municipal. O evento foi presidido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, quen estivo acompañado polos concelleiros de Maiores, Rosa Romero; Cultura, Sandy Cebral, e Medio Rural, José Antonio Vidal.

Durante o acto, o alcalde comprometeuse a seguir mellorando esta celebración, que definiu como “unha das datas máis importantes do ano” para o concello. Ademais, animou aos maiores a participar nas actividades que se desenvolverán no centro social polivalente a partir do 1 de outubro, como baile, piscina, ximnasia e grupo de teatro.

A xornada de confraternización incluíu unha comida con empanada, polbo e carne ao caldeiro, seguida dun animado baile coa actuación da cantante local Ruth Cundíns e do grupo de gaitas Xoldra de Rois.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here