InicioSANTIAGOBRIÓNO Pleno de Brión aproba por unanimidade o V Plan de Igualdade...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o V Plan de Igualdade 2026-2030

O documento incorpora un código de boas prácticas e fixa medidas para integrar a perspectiva de xénero na xestión municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade o V Plan para a Igualdade entre Homes e Mulleres (PIOM), un documento estratéxico que marcará as políticas municipais nesta materia entre os anos 2026 e 2030. O plan estará dispoñible en formato dixital na web do Concello e inclúe, entre outras medidas, un código de boas prácticas orientado a incorporar a perspectiva de xénero na actividade diaria da administración local.

O alcalde, Pablo Lago Sanmartín, destacou a participación cidadá durante o proceso de elaboración do documento, aberto á veciñanza. Segundo indicou, este período permitiu recoller propostas e inquedanzas coa finalidade de avanzar cara a “un concello máis seguro, libre e igualitario”. A partir destas achegas e do traballo desenvolvido polos Servizos Sociais municipais, realizouse unha diagnose da realidade local desde unha perspectiva de xénero, que serviu de base para establecer obxectivos dirixidos a eliminar discriminacións por razón de sexo.

O rexedor subliñou que o plan aposta por integrar de maneira transversal esta perspectiva na xestión municipal, co obxectivo de acadar unha igualdade efectiva no ámbito local.

A sesión plenaria desenvolveuse sen debate e con acordo unánime dos tres grupos municipais en todos os puntos tratados. Entre eles, aprobouse o inventario municipal a decembro de 2024, que alcanza os 48.346.282,89 euros, tras contabilizar as altas do último ano e descontar as baixas.

Tamén se deu luz verde a unha modificación do convenio co Concello de Ames para a organización do obradoiro dual de emprego ‘Renova Verde’. Ademais, o Pleno tomou coñecemento da renuncia de Teresa Avelina Andrade á súa acta como concelleira do BNG. A súa substitución será tramitada ante a Xunta Electoral Central e, segundo as listas electorais, correspondería a Marta Romero García.

Na mesma sesión, aprobáronse dúas declaracións institucionais, unha promovida pola Federación Española de Enfermidades Raras e outra pola FEGAMP, con motivo do Día das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño.

SITUACIÓN NO IES DE BRIÓN

Na quenda de preguntas, o alcalde informou dun contacto recente co director territorial de Educación na Coruña, Santiago Freire, no que se lle trasladou que se está a tramitar a contratación da instalación de vinilos nas aulas do IES de Brión para reducir as altas temperaturas, unha demanda da comunidade educativa.

Segundo explicou, non se comunicaron aínda prazos concretos ao centro á espera de que a Consellería determine as datas de execución. Pola súa banda, a voceira do Goberno local, Sandy Cebral, reiterou o apoio do Concello ás demandas educativas e sinalou que a única solicitude formal rexistrada foi presentada pola ANPA Pedra Viada en xuño de 2025. Tamén indicou que esta cuestión foi trasladada á Consellería de Educación nas reunións mantidas polo alcalde co conselleiro competente.

ÚLTIMAS

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here