InicioSANTIAGOBRIÓNO Pleno de Brión aproba por unanimidade o programa de emprego con...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o programa de emprego con Ames e rexeita cambios na Lei de Patrimonio

PSOE, PP e BNG respaldan todas as iniciativas da sesión ordinaria de febreiro, incluídas as mocións sobre igualdade e patrimonio cultural

Publicado o

Xornal de Compostela

A sesión ordinaria do mes de febreiro no Concello de Brión estivo marcada pola unanimidade dos tres grupos municipais, xa que todos os puntos incluídos na orde do día saíron adiante co apoio de PSOE, PP e BNG, tanto no apartado de xestión como na quenda de mocións.

Un dos asuntos centrais foi a aprobación do convenio de colaboración entre o Concello de Brión e o Concello de Ames para a execución conxunta dun Programa Integrado de Emprego, ao abeiro da axuda económica concedida pola Xunta de Galicia. O proxecto conta cun financiamento total de 257.000 euros, dos que 220.000 proceden da administración autonómica.

O programa está dirixido a 100 persoas desempregadas dos dous municipios, mentres que os 37.000 euros restantes serán asumidos polas arcas municipais de Brión e Ames. No caso de Brión, a achega ascende a 7.544 euros, destinados á formación de 20 veciños e veciñas en situación de desemprego.

Na mesma sesión, o Pleno deu luz verde á convalidación da encomenda de xestión ao Concello de Ames para o cofinanciamento de proxectos orientados á prevención de condutas aditivas. Esta iniciativa foi presentada á Xunta de Galicia e atópase pendente de resolución sobre a concesión da correspondente subvención.

Na quenda de mocións, aprobouse un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (REC) por importe de 2.008 euros para facer fronte ao pagamento de cotas na comisión de propietarios de Agronovo. Segundo se explicou, a factura correspondente ao exercicio 2025 foi remitida ao Concello en 2026 debido a un erro da asesoría da comunidade, o que obrigou a tramitar o pagamento a través deste procedemento.

Os tres grupos municipais tamén acordaron converter en Declaración Institucional a moción presentada polo BNG para avanzar cara a unha igualdade real e efectiva fronte ao que se cualifica como rearmamento do machismo. O texto reafirma o compromiso do Concello de Brión coa loita feminista e co apoio ás mobilizacións convocadas arredor do 8 de marzo de 2026.

Ademais, a declaración insta á Xunta de Galicia á creación dun Instituto Galego das Mulleres e á posta en marcha dun novo marco orzamentario e regulamentario para os Centros de Información á Muller.

REXEITAMENTO Á MODIFICACIÓN DA LEI DO PATRIMONIO

Por último, o Pleno aprobou unha moción de rexeitamento ás modificacións introducidas na Lei de Patrimonio de Galicia a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2026. A proposta, presentada polo BNG e emendada polo PSOE, insta á Xunta a retirar esa modificación normativa e a trasladar o acordo ás forzas políticas con representación no Parlamento galego.

O texto incorpora tamén dúas achegas socialistas. Por unha banda, reclamar a eliminación do silencio administrativo positivo nos procedementos que afecten a bens patrimoniais, establecendo a necesidade de informes técnicos expresos como garantía xurídica. Por outra, no caso de que non se produza a retirada da modificación, solicitar que calquera delegación de funcións aos concellos en materia de patrimonio cultural vaia acompañada da correspondente dotación de recursos económicos, persoal técnico cualificado e mecanismos de coordinación interadministrativa que permitan exercer esas competencias con garantías.

ÚLTIMAS

O Concello pide o arquivo da sanción de 300.000 euros por verteduras ao río Sar e atribúe a responsabilidade a Acuaes

O Concello de Santiago solicitou o arquivo do expediente sancionador incoado por Augas de...

A nova edición de Santiago(é)Tapas reúne 48 locais e 76 propostas gastronómicas na cidade

A cidade acolle desde esta segunda quincena de febreiro unha nova edición de 'Santiago(é)Tapas',...

O PP esixe explicacións ao Goberno local por manter na licitación dos Centros Socioculturais unha oferta cualificada de insuficiente

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, José Ramón de la Fuente, compareceu este...

César Morán presenta en Santiago o libro ‘O eco das ondas’ cun acto na Libraría Pedreira

A Libraría Pedreira, situada na rúa do Home Santo, 55, en Santiago, acollerá o...

Brión e a Deputación da Coruña avanzan na planificación dunha senda peonil en Mourentáns

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e a deputada responsable de Infraestruturas Viarias...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here