InicioCULTURAA nova edición de Santiago(é)Tapas reúne 48 locais e 76 propostas gastronómicas...

A nova edición de Santiago(é)Tapas reúne 48 locais e 76 propostas gastronómicas na cidade

O certame aspira a superar as 30.000 tapas servidas na pasada edición

Publicado o

Xornal de Compostela

A cidade acolle desde esta segunda quincena de febreiro unha nova edición de ‘Santiago(é)Tapas’, unha iniciativa que se estenderá ata marzo e que contará coa participación de 48 establecementos hostaleiros que ofrecerán un total de 76 tapas.

A presentación celebrouse no Restaurante o Sendeiro coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, ademais de representantes das empresas patrocinadoras e da corporación municipal. Durante a inauguración, os asistentes puideron degustar a tapa de Boliño de faceiras e a de Macaron de Santiago.

Durante a súa intervención, a rexedora destacou o crecemento sostido do evento, que suma seis locais máis e oito tapas máis respecto da edición anterior. Segundo lembrou, en 2024 servíronse arredor de 25.000 tapas, cifra que se elevou ata as 30.000 en 2025. “Estamos chegando a cifras realmente extraordinarias”, afirmou, ao tempo que subliñou a resposta positiva do público.

Sanmartín fixo un chamamento á participación tanto da veciñanza de Compostela como das comarcas da contorna. Animou a recoller o ‘tapasporte’ na Oficina de Turismo ou nos propios establecementos participantes para completar o percorrido gastronómico e optar a diferentes premios vinculados a produtos gastronómicos. “Queremos facer ese chamamento a toda a xente non só de Compostela, senón de todo o noso país e, sobre todo, da nosa área de influencia, para que se acheguen a Compostela e proben estas tapas”, sinalou.

A alcaldesa puxo o acento na diversidade da oferta, que inclúe elaboracións tradicionais, propostas innovadoras, opcións sen glute e tamén doces. Segundo indicou, o calendario actual busca contribuír á desestacionalización da actividade hostaleira nun período considerado relevante para o sector.

Pola súa banda, Regueira felicitou ao Concello pola consolidación do certame e encadrou a iniciativa dentro das estratexias da Deputación centradas na posta en valor da enogastronomía. “Este tipo de eventos encaixan perfectamente dentro das estratexias que temos na Deputación, poñendo o foco en todo o sistema produtivo”, explicou.

O vicepresidente provincial subliñou que detrás da restauración existe unha cadea de valor que abrangue produción, transformación e distribución de alimentos. “A cadea de valor da enogastronomía ten unha potencia a nivel galego enorme”, indicou, ao tempo que destacou o papel de Santiago como referente neste ámbito.

Ademais do impacto turístico, Regueira incidiu na dimensión social do evento, ao consideralo un espazo que contribúe a reforzar a comunidade local. “A restauración tamén son eses espazos onde socializamos, onde creamos sociedade”, afirmou.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Aberto26 abrirá a tempada da arte contemporánea con exposicións simultáneas en nove galerías galegas

A cuarta edición de 'Aberto' celebrarase do 17 ao 19 de setembro cun programa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here