InicioSANTIAGOBRIÓNOs Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

As súas Maxestades chegaron nun autobús de época e completaron unha mañá de encontros con crianzas e persoas maiores antes de continuar pola tarde noutras localizacións do concello

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da chamada parte alta de Brión, con paradas en Cornanda, Luaña, Viceso, Ons e Boullón, ademais de achegarse á residencia de maiores Servisenior Brióne ao grupo de nenas e nenos que participa no programa Concilia Nadal Brión. A xornada desenvolveuse con normalidade e cunha notable presenza de familias nos distintos puntos do percorrido.

Como vén sendo habitual, Melchor, Gaspar e Baltasar desprazáronse nun autobús de época, acompañados polo alcalde, Pablo Lago, xunto ás concelleiras de Cultura, Sandy Cebral, e de Servizos Sociais, Rosa Romero, así como polo concelleiro de Obras, Antonio Vidal. A comitiva foi recibida nos locais sociais das parroquias, onde os Reis atenderon individualmente ás crianzas e escoitaron as súas peticións.

A diferenza doutras edicións, o tempo favorable permitiu que, mentres se desenvolvían as recepcións no interior, no exterior se organizaran xogos e se repartise unha bolsa de lambonadas entre a rapazada. Ademais, tanto menores como persoas adultas participaron nunha degustación gratuíta de roscón de reis e chocolate con churros, que acompañou as visitas en varias das paradas.

A programación continuou pola tarde con novas visitas previstas no adro da igrexa de Bastavales, na contorna da igrexa de San Salvador, no campo da feira de San Ramón (O Tremo), no adro da igrexa dos Ánxeles e na Carballeira de Santa Minia, completando así o percorrido das Súas Maxestades polo conxunto do municipio.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o programa de emprego con Ames e rexeita cambios na Lei de Patrimonio

A sesión ordinaria do mes de febreiro no Concello de Brión estivo marcada pola...

Brión e a Deputación da Coruña avanzan na planificación dunha senda peonil en Mourentáns

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e a deputada responsable de Infraestruturas Viarias...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here